A presenza da motricidade no currículo oficial entre os 0 a 6 anos é relevante. Pero o seu interese pódese comprobar mellor observando como a infancia emprega xogo e movemento de forma espontánea para coñecer o mundo que lle rodea e adaptarse a el.
O xogo e a motricidade van ser os principais vehículos a través dos cales os nenos e nenas en idade infantil adaptaranse ao mundo que os rodea. Con eles van experimentar, coñecer, observar, reter, aprender, a educarse. Por iso é polo que estes contidos -xogo e movemento-, van ser os eixos principais da materia.
Aínda que a infancia vai experimentar a motricidade de forma global, o estudiantado da materia analizará a través de diversas temáticas e tendo como referencia o currículo desta etapa, os compoñentes principais da motricidade nestas idades: as capacidades perceptivo-motoras, as habilidades motrices, as capacidades expresivas e o xogo como contido articulador de todos os demais. A parte de coñecer estes aspectos teóricos e o seu desenvolvemento, os estudantes aplicaranos en propostas de carácter práctico.
Outro aspecto de interese que se verá na materia é a importancia do asentamento de hábitos saudables nestas idades. Nos últimos tempos o índice de obesidade infantil viuse incrementado de forma considerable e faise necesaria unha formación de base para que nas Escolas Infantís se colabore para frear o seu acelerado crecemento.
Os coñecementos achegados pola materia de Didáctica da Expresión Corporal pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións motrices dentro dunha formulación global, para dotar ao futuro Graduado Educación Infantil non só de coñecementos e vivencias, senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
– Análise de fontes documentais.
– Sesión maxistral.
– Presentación oral.
– Traballos tutelados.
– Probas de resposta breve.
– Discusión dirixida.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
"Práctica de actividade física", "actividades iniciais" e "saídas de campo" (non se realizarán e o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías se incorpora ás metodoloxías "Análise de fontes documentais", "Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve” e "Discusión dirixida").
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Mantense a dedicación prevista para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumno a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios.
*Observacións de avaliación:
Non se realizarán cambios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalado na guía orixinal.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías