Traballos tutelados |
A1 A4 A5 A21 A23 A29 A33 A45 A53 A55 A56 A60 A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B11 B12 B15 B18 B23 B25 C1 C3 C6 C7 C8 |
Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos na clase. O traballo poderase realizar individualmente ou en grupo. A profesora especificará os requisitos formais de presentación dos traballos, tanto a sua parte escrita como a parte oral. O cumprimento de devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
|
40 |
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obligatoria a participación nun 80% das sesións da materia. Non só bastará a asistencia senón que se computará tamén a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.
Segunda oportunidade: ao alumnado que asista a máis dun 80% das sesións na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcancen a puntuación mínima sinalada pola profesora. Terá que repetir as partes da avaliación que non alcancen ese mínimo.
O alumnado que non participe no 80% das sesións da materia na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas oportunidades: farase unha proba (100%) na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” , “Saídas de campo” e "Simulación" están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Aínda no caso de non aplicarse o plan de continxencia, se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, "Presentación Oral", “Traballos tutelados” e “Probas de resposta breve”).
|