Guest lecture / keynote speech |
As exposicións orais do profesorado servirán como guía da materia. |
Supervised projects |
Os traballos tutelados serán dous: un, de autoría individual; o outro, de autoría colectiva. Se as circunstancias o permiten, ofrecerase a posibilidade de que o traballo grupal revista a forma de proxecto de aprendizaxe-servizo; este proxecto consistiría, en liñas xerais, no deseño e aplicación dunha proposta de educación na Natureza que se orientase, sobre todo, ao desenvolvemento da competencia en comunicativa do alumnado de Primaria. |
Objective test |
Con esta proba preténdese determinar, de xeito obxectivo, tanto os coñecementos adquiridos polo alumno ou alumna durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua castelá, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica. |