Collaborative learning |
Estudo de supostos prácticos ou situacións diversas e de diferentes materiais escritos, tanto en pequeno como en gran grupo, presentadas e orientadas polo profesor.
|
Supervised projects |
Elaboración de traballos, relativos á problemática do ensino e aprendizaxe de contidos concretos.
Comprenden: a) Lecturas e análise individual sobre a temática proposta; b) Desenvolvemento do traballo, con discusión previa en pequeno grupo de ser un traballo grupal, e ; c) Seguimento do traballo en fase de realización. O seguimento do traballo farase a través de:
- Titorías individuais, que poderán ser tanto virtuais como presenciais, mantendo, neste caso, as debidas medidas de seguridade.
- Titorías grupais a través deTEAMS.
Entregaranse a través da plataforma Moodle. |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral a través de presentacións asíncronas videogravadas (power point con narración, gravacións con TEAMS, etc.) sobre os aspectos teóricos que debe coñecer un mestre en relación ao ensino e aprendizaxe das Ciencias da Natureza. Estas gravacións serán subidas a Moodle, co apoio de material audiovisual. No caso de que se derroguen todas as medidas de seguridade excepcionais tomadas con motivo da pandemia, a exposición oral farase en aula co apoio do material audiovisual. |
Mixed objective/subjective test |
Proba que integra preguntas obxectivas (de resposta múltiple ou de resposta breve) e preguntas de ensaio e desenvolvemento (análise de situacións, resolución de problemáticas, valoración de propostas concretas...) relacionadas co ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza na educación primaria. |