Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II | Código | 652G02021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Terceiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Presentación oral | Exposición sobre diferentes cuestións relativas a que e como ensinar contidos concretos de Ciencias na Educación Primaria, utilizando a conversación dialogada en gran grupo |
Aprendizaxe colaborativa | Estudo de supostos prácticos ou situacións diversas e de diferentes materiais escritos, tanto en pequeno como en gran grupo, presentadas e orientadas polo profesor. |
Prácticas de laboratorio | Realización de actividades prácticas, en pequeno grupo e baixo a dirección do docente, ao redor da planificación/realización de experiencias sobre obxectos e fenómenos, relativos a contidos científicos relevantes en educación primaria. |
Traballos tutelados | Elaboración de traballos, relativos á problemática do ensino e aprendizaxe de contidos concretos. Comprenden: a) Lecturas e análise individual sobre a temática proposta; b) Desenvolvemento do traballo, con discusión previa en pequeno grupo de ser un traballo grupal, e ; c) Seguimento do traballo en fase de realización. O seguimento do traballo farase a través de: - Titorías individuais, que poderán ser tanto virtuais como presenciais, mantendo, neste caso, as debidas medidas de seguridade. - Titorías grupais a través deTEAMS. Entregaranse a través da plataforma Moodle. |
Sesión maxistral | Exposición oral a través de presentacións asíncronas videogravadas (power point con narración, gravacións con TEAMS, etc.) sobre os aspectos teóricos que debe coñecer un mestre en relación ao ensino e aprendizaxe das Ciencias da Natureza. Estas gravacións serán subidas a Moodle, co apoio de material audiovisual. No caso de que se derroguen todas as medidas de seguridade excepcionais tomadas con motivo da pandemia, a exposición oral farase en aula co apoio do material audiovisual. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas obxectivas (de resposta múltiple ou de resposta breve) e preguntas de ensaio e desenvolvemento (análise de situacións, resolución de problemáticas, valoración de propostas concretas...) relacionadas co ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza na educación primaria. |
Saídas de campo | Realización de actividades no medio, en pequeno grupo e baixo a dirección do docente, en torno á planificación/realización de experiencias sobre obxectos e fenómenos do contorno. |
|