Short answer questions |
Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidos nas probas realizadas durante o curso. |
Collaborative learning |
Desenvolveránse un ou varios traballos en pequeno ou gran grupo guiados polas docentes en varias sesións coa finalidade de potenciar o traballo autónomo do alumnado. Este traballo poderá involucrar a outras materias da mención en Educación Física. |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral por parte das profesoras, dos contidos da materia de Expresión Corporal e adaptacións curriculares. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico. |
Supervised projects |
Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.
As profesoras especificarán con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
|
Physical exercise |
Metodoloxía baseada na posta en práctica de sesións de actividade física para que os alumnos poidan impartilas (función docente), experimentalas (análise da pertinencia dos contidos) ou observalas (procesos de avaliación e control). Trátase dunha metodoloxía fundamentalmente práctica, pero cunha intención de reflexión e aplicación dos aspectos teóricos relacionados.
|