Esta materia ten como obxectivo que o futuro profesorado adquira competencias que lle permitan identificar e planificar a súa práctica educativa dende a perspectiva de atención á diversidade de necesidades, potencialidades, intereses individuais e colectivos de TODO O ALUMNADO, dende unha perspectiva inclusiva. Enténdese a diversidade como unha oportunidade de aprendizaxe. Por este motivo, é necesario identificar os elementos didácticos e organizativos que poden confluir no desenvolvemento de unha proposta pedagóxica. A partir de aí, trátase de buscar, analizar, utilizar metodoloxías, estratexias didácticas máis axeitadas a cada persoa, colectivo e contexto educativo, así como organizar ditos elementos didácticos para que todo o alumnado poida aprender conxuntamente de acordo coas súa características e condicións.
Plan de continxencia
Esta materia ao ser no 2º cuatrimestre, concíbese como presencial, pero podería pasar a non presencial se fose preciso.
1. Modificacións nos contidos
NOn se realizan cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteríase todas as propostas:
-Actividades iniciais,
-Discusión dirixida,
-Estudo de caos,
-Lecturas,
-Eventos científicos e/ou divulgativos
-Sesión maxistral
-Investigación (Proxecto de investigación)
-Traballos tutelados
-Aprendizaxe colaborativa
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: consultas, concreción de xuntanzas envío de traballos para seguimento.
Moodle. Foros temáticos para a abordar temáticas específicas, foros de actividades para as discusións dirixidas, tarefas para subir traballos específicos realizados nas interactivas que non sexan online.
Teams. A sesión expositiva semanal e as interactivas en grupos pequenos, realizaranse a través de teams sempre sexa necesario; as titorías individuais ou colectivas.
4. Modificacións na aviación
*Observacións de avaliación: Non hai cambios
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías