Traballos tutelados |
A4 A6 A7 B25 B24 B23 B22 B18 B17 B14 B9 B1 C1 C3 C4 |
Levarase a cabo un proxecto final que o alumnado irá nutrindo de contidos ao lungo do cuadrimestre coas actividades que realice e que, polo tanto, poderán ser avaluadas dentro desta metodoloxía.
O dito traballo poderá consistir no deseño dun blogue, a realización dun vídeo ou a creación dun conto, entre outras posibilidades, e co que se logre reproducir os principios fundamentais que sustentan o diagnóstico pedagóxico en Educación Primaria. |
40 |
Presentación oral |
B1 B9 B13 B17 B23 B24 C3 C1 |
Tanto o traballo tutelado (proxecto final) como outras metodoloxías empregadas na materia poderán ser avaliadas a través da súa presentación ante os compañeiros/as.
Os criterios chave para a valoración serán, entre outros:
(a) Adecuación da presentación ao esixido na actividade
(b) Utilización dunha expresión oral (e escrita, apoiada en recursos TIC) adecuada, pertinente e non discriminatoria/non ofensiva
(c) Orixinalidade, ou capacidade de atraer ao público ao que se dirixe
Tamén se terá en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan.
|
20 |
REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA: - Asistir a clase. A asistencia a clase é
obrigatoria nun 80% das sesiones.
- Participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia)
supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do
tempo de clase. Para isto, é moi recomendable que o alumnado visualice e/ou realice a lectura dos materiais subidos á plataforma na que se colgan todos os materiais da asignatura, pois nela se atopan os contidos fundamentais para realizar un correcto desenvolvemento das sesións e para superar a materia.
- Realizar
todas as actividades obrigatorias que computan na avaliación final da materia;
isto é: a proba mixta (tests dos bloques de contidos), os traballos tutelados
e a presentación oral.
- Acadar
o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar
a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o
estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación
final será de 4 puntos.
- Axustarse
ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación
da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha
calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de
suspenso.
- Realizar
as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na
aula.
- Realizar
traballos de carácter orixinal. O incumprimento das normas éticas na
realización de traballos académicos suporá unha calificación de 0 puntos na
mesma e, polo tanto, dará lugar a unha calificación final de suspenso. Baixo
ningunha circunstancia aceptaranse traballos parcial ou totalmente extraídos
doutras fontes que non foran debidamente citadas.
MODALIDADES DE AVALIACIÓN:
Tendo en conta a posible existencia de
alumnado que, polas súas circunstancias particulares non poda asistir a clase, e polo tanto, formar parte dun grupo de traballo e realizar a presentación oral do proxecto, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime
de adicación do alumnado: - AVALIACIÓN CONTINUA: modalidade de avaliación
aplicable ao alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpra co requisito de
asistencia dun 80%; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo
parcial.
- Alumnado asistente: Será avaliado ao longo
do proceso de aprendizaxe, a través da realización das actividades prácticas
(traballos tutelados) e a súa presentación oral, revisado pola profesora, así
como da avaliación formativa a través dos test correspondentes á proba mixta.
Os test estarán programados para as datas que a docente indicará o primeiro día
de clase. Non poderán ser realizados fora do horario de clase nin fora das
datas establecidas.
- Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial: atendendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a
permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na
Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016),
nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa
e a entregue á docente. O alumnado que se adhira a esta modalidade será
avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:
(a) Terá que entregar o seu traballo tutelado
de xeito individual que será valorado cun 40% da cualificación final da
materia; isto é, 4 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da
puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 2 punto). O prazo para a entregar será
o mesmo que o dos compañeiros presenciais.
(b) Terá que entregar por escrito todas as
actividades que o alumnado presencial realice e entregue (ou presente). Será
valorado cun 20% da cualificación final da materia.
(c) Terá que realizar os tests correspondentes á proba mixta nas mesmas condicións que o alumnado asistente (isto é, debe cumprir os prazos establecidos pola docente) e cuxa cualificación será do 60% da nota final; isto é, 6 puntos sobre 10, pero é
necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 3 punto).
- AVALIACIÓN FINAL: modalidade de avaliación
aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de
asistencia mínimo do 80%), así como aquel que non participa da realización de
máis de dous das probas online (proba
mixta). Para este alumnado, establécese que: (a) Será recomendable que realice todas as
actividades que se desenvolverán na aula co alumnado presencial, pero de forma
autónoma e contando coa supervisión da profesora no horario de titorías. As
ditas actividades serán avaliadas a través dunha proba que se desenvolverá ao
final do cuadrimestre e que terá un peso do 60% da materia; isto é, 6 punto
sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir,
mínimo 3 puntos). A data da proba está fixada por Xunta de Facultade.
(b) Terá que realizar un único examen de contidos teóricos, integrado na denominada proba mixta, cun peso do 40% na nota final; isto é, 4 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 2 puntos).
Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademáis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio
|