General description |
A preocupación pola avaliación e a análise da conduta humana atendendo a unhas ou outras variable foi unha constante ao longo da historia da humanidade, e permitiru configurar o diagnóstico como ciencia vinculada a diversos campos de coñecemento: mediciña, psicoloxía, educación…
No campo da educación, o Diagnóstico Pedagóxico eríxese como disciplina que pretende o estudo dos aspectos relativos ao individuo en idade escolar e á súa contorna, mediante: (a) a identificación e valoraciónda das súas capaciadades, comportamientos, actitudes e atributos persoais no contexto escolar; (b) a procura dunha explicación sobre as causas, alternativas e factores implicados na situación experimentada polo escolar; (c) a explicación das consecuencias sobre el/ela, mediante a síntese da información recollida a través das diversas técnicas; e (d) a especificación, con base neses resultados, dos recursos singulares que require para a atención ás súas necesidades específicas de apoio educativo planificando, cando sexa necesario, unha intervención adecuada para mellorar satisfactoria esas accións, a personalidade e a madurez do escolar.
Por todo isto, nesta materia optativa de 4º curso do Grao en Educación Primaria preténdese ofrecer unha aproximación teórico-práctica ao campo do diagnóstico pedagóxico, a través da cal o alumnado adquirirá as competencias básicas ou elementais que lle permitan comprender os procesos de aprendizaxe no período 6-12 anos dentro e fóra da aula, as características do alumnado e os seus procesos motivacionais e sociais, así como identificar as dificultades de aprendizaxe dos seus estudantes, aplicar os seus coñecementos ás problemáticas que presentan os seus futuros/as alumnos/as na escola, empregar técnicas e instrumentos adecuados para a exploración e identificación diagnóstica, e realizar informes que permitan informar das ditas dificultades e colaborar no proceso de intervención. |