Esta materia ten como finalidade promover unha comprensión reflexiva e crítica da sociedade da que o educador social forma parte, intentando ampliar a súa visión sobre os distintos contextos e variados ámbitos nos que desempeña o seu labor profesional. Para iso, esta asignatura trata de subliñar a importancia de fomentar a reflexividade e o pensamento crítico, de proporcionar as bases teóricas e conceptuais fundamentais e as ferramentas metodolóxicas coas que facer investigación social e de profundar nas interrelacións existentes na realidade social. Supón un achegamento ao coñecemento científico das sociedades para procurar explicar o mundo no que vivimos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificaciós.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
Todas aquelas que poidan ofrecerse a través de forma non presencial (as sesións maxistrais, lecturas, traballos tutelados).
*Metodoloxías docentes que se modifican
As presentacións orais poden celebrarse vía Teams, como tamén os seminarios.
A proba de ensaio (parte teórica) terá lugar de forma online.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A través do correo, Moodle ou Teams no horario especificado pola profesora.
4. Modificacións na avaliación
A proba de ensaio individual (da parte teórica) e a presentación oral terán lugar de forma online.
No caso de ter que presentarse a recuperación da parte prática, terán que resolver tarefas prácticas con reflexión persoal (de forma asíncrona a través de Moodle).
*Observacións de avaliación:
A aqueles/as alumnos/as con problemas de conectividade daráselles a posibilidade de facer un exame oral individual.
Farase unha adaptación os/as alumnos/as con diversidade funcional e o exame individual manuscrito sustituirase por un exame tipo test cando o requiran estes casos.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías