Nesta materia preténdese que o alumnado acade os fundamentos da intervención psicolóxica en contextos familiares convencionais, non convencionais e de risco. O temario estrutúrase nunha parte teórica, onde se presentan cales son os fundamentos dun funcionamento familiar óptimo en canto a vínculos afectivos e estratexias de socialización, e como estas variables poden resultar afectadas en contextos non convencionais e de risco. A parte práctica está formada por temas que son de especial interese para a formación do educador e educadora familiar.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se farán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Portafolio do alumno
Recensión bibliográfica
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións expositivas e interactivas pasarán a impartirse a través de Teams no horario de clase. A Proba mixta farase a través de Moodle
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams no horario de titorías
4. Modificacións na avaliación
Non hai. Mantense os criterios da guía docente
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que a referencia ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presencialidade ata o momemto no que se suspendeu a actividade presencial
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non é necesaria
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías