Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Occupational Guidance
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas das temáticas do programa e no coñecemento de recursos para o deseño do programa de orientación ocupacional. Nesta metodoloxía diferéncianse dous momentos e dúas modalidades de traballo, que se relacionan coas fases da clase invertida:
a) Fóra da aula, traballo individual (lectura e/ou visionado dos documentos e/ou recursos audiovisuais.
b) Nas aulas interactivas,traballo grupal de posta en común e de aplicación ao programa de acción socio-educativa (PAS). Se se suspende a docencia presencial esta actividade faríase en Teams.


Oral presentation Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación (PAS). Esta actividade realizarase en Teams.
Simulation É unha proposta interdisciplinar na que participa a materia de Acción socio-educativa con minorías e colectivos vulnerables. O produto é o deseño dun programa de acción socio-educativa para a inclusión social e laboral (PAS) no que se integran as achegas das dúas materias. O PAS é unha actividade grupal. Cada grupo vai traballar con un colectivo en situación de vulnerabilidade ou exclusión social.
ICT practicals Consiste na construción en grupo dun marcador social.
Seminar Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
A súa finalidade e triple:
- Visibilizar referentes profesionais que teñen o galego como lingua de traballo.
- Achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos.
- Aportar información profesional (ámbitos, funcións, acceso, perfil competencial, condicións laborais...)
Realízase en Teams.
Directed discussion Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" Tátase dun auto-diagnóstico invididual e grupal sobre a propia situación socilolínguúística no que se valoran a competencia, os usos e crenzas lingüísticas. A partir deste autodiagnóstico reflexivo e compartido terán que formular os retos relativos ós usos e mellora da competencia ós que se comprometen no cuadriamestre. A partir dos preconceitos e estereotipos detectados realizarase unha discusión dirixida. As conclusións desta actividade terán que quedar reflectidas por escrito. ó final do cuadrimestre terán que facer un balance sobre os retos acadados. Esta actividade puntúa na cualificación como actividade optativa.
Collaborative learning A aprendizaxe colaborativa é, xunto coa ABP e a clase invertida, un dos eixos metodolóxicos da materia que está presente no resto das "metodoloxías" descritas.
ICT practicals Elaboración dun mapa conceptual dixital da materia.
Guest lecture / keynote speech O método expositivo vai ser utilizado para presentar as temáticas relacionadas cos subretos do ABP. As sesións maxistrais van ser síncronas en Teams e asíncronas coa utilización de video-gravacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes