A introdución da Psicoserontoloxía como disciplina no curriculum do Grao en Educación Social xustifícase, entre outras razóns, por dúas, poucos cuestionables na actualidade: a necesidade de aprender ao longo de toda a nosa vida e o feito de que a sociedade actual está envellecendo. Baixo estas premisas, esta disciplina porponse acercar ao estudiante ás características do funcionamento cognitivo das peroas maiores contribuindo con elo á formación dos profesionais que han de traballar con elas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos non se modificarán xa que son enviados a través da plataforma a moodle aos alumnos ao longo do cuatrimestre.
2. Metodoloxías
Para as actividades docentes síncronas manteranse, sempre que sexa posible, os horarios de clase establecidos na programación docente.
Durante a docencia síncrona, gravaranse as sesións para poñelas a disposición do alumnado que teña problemas de conectividade ou de dispoñibilidade limitada de equipos informáticos.
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Explicación por parte da profesora dos contidos mais relevantes do material proporcionado ao alumnado. Simplificaranse na medida do posible a impartición dos contidos da materia, seleccionando os fundamentais de cara a garantir a adquisición das competencias e resultados de aprendizaxe esenciais
*Metodoloxías docentes que se modifican
- A explicación dos contidos e dos exemplos explicativos e aclaratorios desde contidos farase de maneira virtual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramenta: Teams
Temporalización:
* Horario de Titorías: tratarase de adaptar o horario ás necesidades do alumnado na medida do posible por parte do profesorado
Ferramenta: Correo electrónico
* Horario: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos
traballos tutelados
4. Modificacións na avaliación
Metodoloxía Peso na cualificación Descrición
- Traballos tutelados 60% (6 puntos) -Prácticas supervisadas pola profesora, realizadas fóra da aula.
+
- Portafolios do alumno - Pequenas prácticas realizadas nas clase interactivas dos contidos do temario.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Exame 40% (4 puntos) - Proba de 30 preguntas tipo test con tres alternativas de resposta e onde só unha
é a correcta.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspenda a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías