Traballos tutelados |
A2 A3 B1 B2 B5 B6 C8 |
Valorarase a entrega dun portfolio sobre o traballo personal sobre a figura de cada un como educador no que se analizarán e reflexionarán sobre os puntos fortes e febles que cada un temos para saber potenciar os primeiros e desenrolar os segundos para saber como inflúen nas nosas intervencións cos usuarios que teñamos. 30 puntos
Tamén se pedirán traballos sobre diversos contidos. 15 puntos |
45 |
Discusión dirixida |
B3 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C7 |
Valorarase a participación do alumno baseada en argumentos contrastados e tamén a través dunha actividade de Clase Invertida que se levará a cabo nas interactivas e onde por grupos terán que expoñer un tema relacionado coa diversidade funcional
|
15 |
Será obrigatoria a asistencia ás clases interactivas para a admisión dos traballos e clases prácticas. Os alumnos terán que entregar un portafolios coas actividades realizadas para presentarse ás probas mixtas de avaliación. Excepción: O alumnado que, tendo recoñecida a condición de estudante
a tempo parcial, teña solicitado no Decanato a dispensa académica. Ver Norma*
O alumno nesta situación deberá asistir ás clases teóricas ou prácticas, segundo a súa dispoñibilidade. A avaliación será coa proba mixta cunha valoración sobre 10 puntos. * Segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudio e a permanencia e a progresión dos estudantes de grado e mestrado universitario na
Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Gobierno de 28 de xuño de 2016). No artigo 6 defínense os dereitos que ten o alumnado matriculado a tiempo parcial, entre outros: "a disfrutar dun
réxime de asistencia a clase e carácter flexible e a solicitar dispensa
académica especial" en tanto non afecte ao proceso de avaliación do estudante. Específicamente sobre a dispensa, o artigo 7.5 recolle que
"exime da asistencia a clase daquelas materias, ou partes de
materias, nas que se admita a citada dispensa na súa guía docente".
|