Directed discussion |
O profesorado guiará o debate sobre diversas temáticas relativas ás adicións co obxectivo de promover o debate grupal, o intercambio de opinións e experiencias, etc. |
Student portfolio |
Cada estudante deberá recompilar todas as actividades propostas nas sesións interactivas nun dosier que entregará ao final do cuadrimestre, nunha data a sinalar polo profesorado. A entrega deste dosier é individual. |
Mixed objective/subjective test |
Para a avaliación dos contidos abordados nas sesións expositivas o alumnado deberá efectuar unha proba mixta que incluirá preguntas tipo test e outras de resposta curta (preguntas a respostar cunha palabra ou en poucas liñas, de completar, de poñer un exemplo, unha definición dalgún termo relevante, etc.). |
Summary |
Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames. |
Problem solving |
Entre as actividades propostas ao longo do curso, desenvolveranse algunhas nas que o alumando deberá aportar solucións a problemas formulados en relación ás adicións. |
Document analysis |
Durante o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas proporcionaranse diversas fontes audiovisuais e escritas relacionadas cos contidos do temario co obxectivo de que o alumnado analice e comprenda os aspectos psicolóxicos e sociais implicados nas adicións. |