O obxectivo xeral desta materia é a capacitación dos e das estudiantes para a realización de investigacións sociais empíricas dentro da área de coñecemento das Relacións Laborais e os Recursos Humanos. Dado o carácter eminentemente práctico da materia, para a que innegablemente tamén se require unha formación teórica de base en torno á metodoloxía e ás técnicas de investigación empregadas nas Ciencias Sociais, esta materia pretende, asemade, orientar aos e ás estudiantes na realización da memoria fin de Grao da titulación en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
Plan de continxencia
MODIFICACIÓNS NOS CONTIDOS
Non se realizarán cambios
METODOLOXÍAS
Non se realizarán cambios
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA O ALUMNADO
No caso de transferir todas as sesións a virtual, utilizaranse as ferramentas Moodle e Teams
Correo eletronico: diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver du?bidas. Os horarios de titoría empregaranse preferentemente para resolver todas esas consultas e realizar reunións virtuais cos estudantes
Moodle: diariamente. Empregaranse, entre outras, as diferentes ferramentas dispoñibles como entrega de tarefas, foros e chat.
Teams: farase unha sesión grupal semanal para avanzar nos contidos teóricos e prácticos no tempo asignado para a materia segundo o calendario escolar. A petición dos estudantes, realizaranse conexións para aclarar dúbidas, tanto prácticas como teóricas, preferiblemente nas horas que, segundo o calendario, estean programadas titorías. Esta dinámica permite un seguimento normalizado e axustado das necesidades de aprendizaxe dos estudantes para desenvolver os contidos da materia.
MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN
Non se realizarán cambios
MODIFICACIÓNS NA BIBLIOGRAFÍA/WEBGRAFÍA
Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías