Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Relacións Laborais (C) |
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña) |
Asignaturas |
Dereito da Seguridade Social I |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Dereito da Seguridade Social I | Código | 660G01021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Seminario | Parte práctica dos contidos expostos a todo o grupo na sesión magistral, con apoio fundamental no uso de Internet. É unha clase tipo "seminario" por cada clase tipo "sesión maxistral". O alumno deberá resolver os tres exercicios prácticos que se lle propoñen durante o curso |
Traballos tutelados | Consistirá na realización dun traballo proposto polo docente de carácter colectivo e deberá ser presentado e defendido ao finalizar o curso en formato TFG /máximo 15 folios) |
Proba obxectiva | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. A proba obxectiva consistirá nun exame tipo test de resposta múltiple (20 preguntas) varias preguntas teóricas de tipo curto e unha longa e a resolución de un ou varios casos prácticos propostos polo profesor. O test a as preguntas teóricas poden ser escritas ou orais. |
|