A través do estudo da asignatura, preténdese un acercamiento á estructura e contido do sistema contable español, destacando as particularidades que pola súa incidencia no ámbito turístico e das PEMES revisten un maior interese.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Impartiranse os mesmos contidos previstos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Esencialmente a metodoloxía será o máis similar posible, pero a través de outros medios
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Sesión maxistral: Pasa a ser pola aplicación Teams, mantendo o seu horario habitual
-Traballos tutelados: Estes traballos pasan a ser tutelados mediante tutorías a través de Teams e correo electrónico
-Aprendizaxe colaborativo: En lugar de facerse de xeito presencial na aula os alumnos débenos facer na casa e remitirllos ao profesor, que llos devolverá corrixidos
-Proba obxectiva: Pasa a realizarse mediante Moodle en lugar de presencialmente
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Teams. Entre dúas e tres veces por semana. Dúas para sesións teóricas para todo o grupo e unha terceira (ou máis de ser preciso) para grupos máis reducidos, segundo as súas necesidades
-Moodle. Utilizarase entre dúas e tres veces á semana, esencialmente para subir documentación que se utilizará na asignatura.
-Correo electrónico. Utilizarase diariamente. A través do mesmo resolveranse dúbidas dos/as alumnos/as e tamén se procederá á entrega e corrección de prácticas.
4. Modificacións na avaliación
-Aprendizaxe colaborativo: 30%
-Proba obxetiva: 30%
-Sesión maxistral e participación: 5%
-Traballos tutelados: 35%
*Observacións de avaliación:
Xustificación da proba obxectiva: O exame nesta materia resulta necesario para comprobar que os coñecementos impartidos máis relevantes e de maior aplicación na futura vida profesional dos/as alumnos/as foron efectivamente adquiridos.
Para a realización do exame, que será por vía Moodle, consérvase a data e hora proposta a inicio de curso, pero en caso de que existan alumnos/as con problemas de conexión ou outras incidencias que lle impidan a realización da proba na hora fixada realizarase outra distinta nun momento no que o/a alumno/a teña dispoñibilidade e sempre tratando de que sexa o máis cerca no tempo posible respecto a primeira data.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías