Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Turismo |
Asignaturas |
Xestión de Calidade |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión de Calidade | Código | 662G01033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral por parte do profesor/a dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Modalidade online: substitúese a presenza física do profesor/a pola presenza virtual vía Microsoft Teams. Así mesmo, abrirase un foro de dúbidas en Moodle e colgaranse pequenos vídeos titoriais na devandita plataforma e en Stream |
Solución de problemas | Conxunto de probas prácticas que serven para ir preparando a avaliación dos coñecementos que ten o alumnado da materia, ao longo do curso. Modalidade online: nesta modalidade, a solución de problemas farase: de xeito virtual, a través da plataforma Moodle ou de correo electrónico. |
Traballos tutelados | O alumnado realizará diferentes traballos sobre temas específicos recomendados polo profesorado. O traballo tutelado realizarase, a ser posible, en grupos de non máis de cinco alumnos/as e manteranse reunións periódicas co profesorado para o seu seguimento. Modalidade online: nesta modalidade o profesor/a poderá acordar que o traballo sexa individual. |
Proba obxectiva | Ao final do cuadrimestre celebrarase unha proba escrita de contido teórico-práctico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado. Modalidade online: rexen as mesmas pautas. |
|