Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Interpretación do Patrimonio
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Interpretación do Patrimonio Código 662G01038
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Lezcano González, Mª Elvira
Correo electrónico
m.lezcano@udc.es
Profesorado
Lezcano González, Mª Elvira
Correo electrónico
m.lezcano@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende aproximar aos alumnos á Interpretación como método de difusión do patrimonio natural e cultural ao público, así como facer que se familiaricen coas principais técnicas empregadas no citado método e que aprendan a levar á práctica o seu uso a través da planificación interpretativa. Ademáis de proporcionar uns coñecementos básicos e xerais sobre a materia, preténdese analizar a Interpretación na súa relación co ámbito turístico e a súa aplicación no terreo laboral.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá cambios nos contidos 2. Metodoloxías • Metodoloxías docentes que se manteñen: Clase maxistral, titorías • Metodoloxías docentes que se modifican: Clase maxistral e titorías impartiranse de xeito on line. Estas últimas moito máis personalizadas. Todos os materiais estarán colgados na plataforma Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Clase on line (Teams) Titoría (Teams e correo electrónico) Mantense o horario de clase e faranse as titorías que o alumnado precise. 4. Modificacións na avaliación Traballo tutelado 1 30% Lectura dun libro e ficha de lectura Traballo tutelado 2 30% Traballo individual de análise dun documental interpretativo Traballo tutelado 3 40% Traballo individual. Presentación oral dun tema baseada nos principios e medio de Interpretación. Observacións de avaliación: Mantense a avaliación por traballos. O traballo en grupo, en caso de confinamento, será substituído por un traballo individual dadas as limitacións producidas pola situación. Tamén será simplificado, eliminando a obligatoriedade de facer a visita in situ. Este último traballo irase preparando ao longo das clases impartidas on line durante o confinamento. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Mantense a mesma bibliografía, posto que xa se lles indican moitas referencias on line e dase o visto bo ao emprego da bibliografía dispoñible na rede. Nas clases e titorías vanse indicando numerosas referencias, que serían excesivas para enumerar aquí. No seguinte enlace pódese descargar unha guía dos principais recursos bibliográficos existentes nesta materia: http://www.mapama.gob.es/es/ceneam/recursos/pag-web/guia-lecturas-interpretacion_tcm7-437131.pdf
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes