Guest lecture / keynote speech |
A sesión maxistral é a metodoloxía a empregar nas clases expositivas.
Realizarase a exposición oral de cada lección, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Planifícanse 27 horas presenciais e 42 que o alumno debe destinar ao estudo, preparación de apuntamentos, así como á consulta e estudo da bibliografía recomendada co fin de complementar a súa formación. |
Objective test |
Trátase dunha proba escrita utilizada para avaliar a aprendizaxe. Esta proba permite avaliar coñecementos, capacidades e destrezas adquiridas polo estudante. Exporanse unha serie de preguntas con resposta breve, relacionando os distintos conceptos traballados durante o curso.
Contémplase a realización dunha proba tipo test, expondo unha cuestión en forma de pregunta directa, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só una delas é válida. |
Document analysis |
Utilizaranse documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, fotografías, artigos de revistas, etc.) co fin de proceder á súa análise. |