A materia de Materias II está centrada no estudo do formigón como material de construción.
Trátase de introducir ao alumno naqueles conceptos que servirán como base para o estudo do formigón estrutural na materia de Construción III.
Estúdanse e analizan as propiedades, características e esixencias aplicables ao formigón e ás armaduras pasivas, tanto relativo ao formigón convencional como ao formigón con árida reciclaxe e ao formigón autocompactante. Faise especial fincapé no estudo do Control de Recepción das materias primas e o formigón.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos.
Non hai modificación de contenidods
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen. Mantéñense todas excepto as actividades de laboratorio, pero adaptándoas a modalidade telemática: actividades iniciais, sesión maxistral, solución de problemas, análises de fontes documentais e probas obxectivas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Actividades en laboratorio
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Moodle, Teams e correo electrónico
4. Modificacines na avaliación. Para os alumnos que seguen o curso NON HAI MODIFICACIÓNS.
Para os alumnos que non seguen ou curso a proba de desenvolvemento, que terán que realizar unha vez superen próbaa test específica para eles, será oral y/o escrita.
*Observacións de avaliación: Darase especial importancia á avaliación continua durante as activides que se expoñan semana a semana: traballos, foros e intervencións durante as clases virtuais que se realicen, a través das cales o profesor poida verificar o coñecemento dos alumnos de forma fehaciente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Non hai. terana dispoñible en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías