Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Arquitectura Técnica |
Grao en Arquitectura Técnica |
Asignaturas |
Materiais III |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Materiais III | Código | 670G01016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A3 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B12 B16 B21 B25 B30 C4 C6 C8 | Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Empregarase tambien para avaliar o grao de comprensión dos temas a través de preguntas en clase e co deseño dunha proba específica a través de foros ou outra ferramenta á que haberá que desenvolver un tema individualmente. Será necesaria unha nota mínima dun 5 para poder aprobar |
29 |
Traballos tutelados | A4 A19 A20 A24 A29 A31 B1 B2 B5 B6 B7 B13 B16 B22 B25 B27 B28 B30 C1 C3 C4 C7 | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do %ou201Ccómo facer as cousas%ou201D. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. Será necesaria una nota mínima de un 5 para poder aprobar |
30 |
Proba mixta | A3 A4 A5 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B16 B26 C4 C6 | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio ou desenvolvemento e preguntas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de definición, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Este tipo de proba se reserva para os alumnos que decidan NON OPTAR POLA AVALIACIÓN CONTINUA. Constituirá o 60% da nota. Necesítase unha nota superior ao 5 para superala |
1 |
Proba obxectiva | A3 A5 A19 A20 A31 B1 B3 B5 B6 B12 B16 B22 B26 | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. Será necesaria una nota mínima de un 5 para poder aprobar |
40 |
Observacións avaliación | |||
Cada semana definiranse un contido temáticos que se desenvolverán tanto a través das clases expositivas como interactivas que poderán ser obxecto de avaliación. As clases expositivas dedicaranse á exposición xeral dos temas por parte do profesor pero tamén se requirirá a participación activa do alumnado en maior ou menor medida segundo o tema en cuestión. A asistencia é obrigatoria e terá que ser superior ao 80%. As clases expositivas serán obxecto de avaliación en función do traballo persoal realizado polo alumno previo e durante a clase. As clases interactivas serán clases participativas sempre, nas que se traballasen algúns dos temas de cada bloque que se elixirán de acordo coas competencias que se queren alcanzar. A asistencia é obrigatoria e terá que ser superior ao 80%. O traballo persoal do alumno será obxecto de avaliación en función do traballo persoal realizado cada semana e que tamén se materializará na exposición dos traballos programados. EXAME PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. No exame da primeira e segunda oportunidade, os alumnos que optaron pola avaliación continua realizarase un exame que estará composto só por un exame test. Para poder aprobar hai que obter unha nota superior a un 5. Os alumnos que non optasen por unha avaliación continua (asistencia a clase e realización das actividades superior a un 80%) terán dereito a demostrar o seu conocimientoa través dun exame que estará formado por un test e se este é superado por unha proba de desenvolvemento escrita formada por varias partes. Para aprobar haberá que ter unha nota superior a un 5 en cada unha das partes. A nota final estará formada polo 40% do test yel 60% da proba de desenvolvemento. En cada unha das partes haberá que ter unha nota superior a 5 para poder aprobar. Se non se chega a ese mínimo en cadauna das partes, a nota final será como máximo dun 4. AVALIACIÓN CONTINUA Representa o 60 % da nota final. Para poder optar a esta nota, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 % das clases interactivas e das expositivas, así como haber realizadoel 80% das actividades propostas.As actividades que non se fagan cualificaranse cun 0. Ademais será necesario obter unha nota final mínima de 5 sobre 10. Para optar á avaliación continua é necesario a asistencia de polo menos ao 80% das clases expositivas e ao 80% das clases interactivas, e é OBRIGATORIO a realización de TODOS os traballos e a súa presentación. A non realización dun dos traballos orixina a perda do dereito á avaliación continua. No caso da realización de todos os traballos e de faltar EXCEPCIONALMENTE á exposición dun deles, reducirase á metade a nota do traballo, a condición de que este sexa presentado polo resto do grupo e estes certifiquen a súa participación no seu desenvolvemento. En ningún caso poderase faltar a 2 exposicións. A avaliación da signatura terá en conta, en calquera convocatoria, tanto o traballo continuado do alumno durante o curso (avaliación continua) como a avaliación obtida no exame final da materia. O alumno aprobará a materia cando obtendo un 5 na avaliación continua e asistise ao 80% das clases, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota total superior ou igual a 5 no exame final. Cando non se alcancen estes mínimos en cada unha das partes, non poderá ter unha cualificación superior a un 4. Cando se aprobe cada unha das partes a nota final estará formada polo 60% da avaliación continua e o 40% do exame test. A avaliación continua inclúe o traballo desenvolvido nas clases interactivas e/ou expositivas, o traballo autónomo xeneral do alumno desenvolvido durante o curso, os traballos tutelados e as presentacións orais. Darase a oportunidade aos alumnos que queiran optar a notable, sobresaliente e matrícula de honra de facer un traballo individual cuxo contido se definirá conjuntamnte durante o curso A avaliación das clases interactivas realizarase da maneira seguinte: 0: a non asistencia a clase 1: asistencia a clase e non se realizou o traballo persoal 2: asistencia a clase e o traballo realizado é moi insuficiente 4: asistencia a clase pero o traballo realizado é insuficiente, non completo. Ou o alumno NON participa nos debates xerados en clases ou os coñecementos que achega son insuficientes aínda cando realizase o traballo planificado para sexa semana. 6: asistencia a clase e o traballo realizado é bo pero incompleto nunha pequena parte. Participa nos debates de maneira adecuada. 8: asistencia a clase e o traballo realizado realizado é bo e inclúe achegas ao tema por parte do alumno. Participa nos debates de maneira edecuada 10: poderase obter só como nota final cando se obtiveron de forma sistemática 8 nas clases interactivas e asistise con regularidade a clase Caso particular: alumnosque non realizan as actividades da avaliación continua ( recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exencións). Os alumnos que por algún motivo non poidan realizar as actividades que se avaliarán no que se definiu como avaliación continua, terán dereito a demostrar o seu coñecemento a través dun exame que estará formado por un test e se se supera este a unha proba de desenvolvemento oral. Esta proba oral en caso de non poderse facer de forma presencial substituirase por un exame oral a través da plataforma Teams ou similar. Esta modalidade de avaliación excepcional manterase tamén na segunda oportunidade .Para aprobar haberá que ter unha nota superior a 5 en cada unha das partes. A nota final estará formada polo 40% do test e o 60% da proba de desenvolvemento. En cada unha das partes haberá que ter unha nota superior a 5 para poder aprobar. Se non se chega a ese mínimo en cada unha das partes a nota final será como máximo dun 4. Ante calquera diferenza entre a versión en castelán e galego, terá prevalencia a guía en castelán |
|