A Xeometría da Representación como continuación do temario da materia de Xeometría Descritiva ten como obxectivo a racionalización xeométrica dos temas espaciais. No ámbito académico achega o aparello básico sobre o que se apoian disciplinas gráficas máis especializadas como Expresión Gráfica Arquitectónica, Topografía e Proxectos Técnicos, así como o emprego do Deseño Asistido por Computador e a Informática Gráfica. Convértese así na GRAMÁTICA da linguaxe gráfica, sendo necesario o seu coñecemento para poder expresarse con corrección e eficacia.
Contribúe á configuración e racionalización dun modelo mental da realidade, o que comunmente se denomina VER NO ESPAZO, aínda que sería máis exacta a expresión IMAXINAR no espazo.
No ámbito profesional a lectura e interpretación de planos é unha das tarefas necesarias á hora de executar un proxecto de edificación, tendo que extraer dos documentos gráficos toda a información necesaria para a correcta execución da obra.
No campo da redacción de proxectos técnicos a Xeometría da Representación achega a formación da visión espacial necesaria para a xénese da solución final que será tridimensional e dentro da función comunicativa da linguaxe gráfica a través de planos e esbozos, achega o substrato teórico básico dos distintos Sistemas de Representación perspectivos: axonometría ortogonal, axonometría oblicua e perspectiva cónica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- NON SE MODIFICAN OS CONTIDOS DA MATERIA.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- SESIÓN MAXISTRAL
- PRÁCTICAS SEMANAIS
- PROBA OBXECTIVA
*Metodoloxías docentes que se modifican
Todas as metodoloxías sufrirán unha adaptación a un formato virtual, de ser necesario.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- NON SE MODIFICA A ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO. PASANDO A SER A TRAVÉS DAS PLATAFORMAS VIRTUAIS, de ser o caso.
4. Modificacións na avaliación
- NON SE MODIFICAN OS CRITERIOS FIXADOS NA GUÍA DOCENTE.
*Observacións de avaliación:
- MANTEÑENSE AS PORCENTAXES ESIXIDAS PARA CADA METODOLXÍA.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
- NON SE MOFIFICA A BIBLIOGRAFÍA, dado que o alumnado ten acceso á bibliografía, videos e webgrafía básicas para a realización dos traballos, a través das plataformas MOODLE, TEAMS ou STREAM.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías