Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos.
Non se modifican os contidos.
2. Metodoloxías.
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
Mantéñense as metodoloxías. A docencia será impartida on-line a través da plataforma que a UDC habilite ao efecto (Teams ou similar). Para lograr un maior dinamismo, o profesor pode indicar unha lectura previa dos materiais facilitados ao alumnado vía Moodle, así como a resolución de exercicios previa á sesión, co obxecto de poder resolver dúvidas.
No caso de que algún/a alumno/a teña dificultades de equipamiento informático ou de conexión a internet para acceder ás ferramentas proporcionadas pola UDC (Teams, Moodle, etc) de forma síncrona, para o seu manexo nas clases, así como para descargar material de Moodle e subir o traballo a esta plataforma, debe comunicar esta circunstancia ao profesorado na maior brevedade posible, ao obxeto de buscar solución.
*Metodoloxías docentes que se modifican.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Contémplanse as seguintes vías de atención personalizada:
-Teams, canal: abrirase un canal de Teams para consulta de dúvidas. O canal estará permanentemente aberto e as dúvidas serán respostadas á maior brevedade posible.
-Correo electrónico: o alumnado terá a posibilidade de formular cuestións tamén no correo-e dos profesores. Non obstante, utilizarase preferentemente o canal de Teams para que podan estar dispoñibles para todo o alumnado.
-Teams, sesión virtual: no caso de cuestións que presenten dificultade para a súa resolución por escrito, ou precisen de interacción directa, realizarase una sesión virtual co/ca alumno/a.
4. Modificacións na evaluación.
Tanto na primeira oportunidade como na segunda, o examen final sustitúese por un traballo de evaluación final. Se, previamente ao confinamento, se pudo realizar algunha proba obxetiva de curso presencial, o desglose sería o seguinte: proba/as de curso 1 punto; traballo de evaluación final 9 puntos. Se non foi posible realizar ningunha proba de curso presencial, o desglose sería o seguinte: traballo de evaluación final 10 puntos.
Estos desgloses son válidos para as dúas oportunidades.
*Observacións da evaluación:
5. Modificacións da bibliografía o webgrafía.
Non se modifica a bibliografía. No caso de confinamento, os materiais necesarios para o seguemento das clases e a elaboración do traballo de evaluación final serán facilitados polos profesores vía Moodle. |