Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Arquitectura Técnica |
Grao en Arquitectura Técnica |
Asignaturas |
Patoloxía e Rehabilitación |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Patoloxía e Rehabilitación | Código | 670G01029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A4 A5 A19 A24 A29 A31 B12 | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento nas que haberá que analizar e desenvolver, razoando, as cuestións obxecto de exame. Esta análise poderase acompañar de debuxos e detalles construtivos. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Este tipo de proba se reserva para os alumnos que decidan NON OPTAR POLA AVALIACIÓN CONTINUA. Constituirá o 60% da nota. Necesítase unha nota superior ao 5 para superala |
1 |
Traballos tutelados | A4 A18 A19 A20 A24 A26 A29 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B12 B16 B22 B26 B27 B28 B29 B30 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. Estes traballos serán expostos nas clases interactivas de forma obrigatoria para ser obxecto de avaliación. A avaliación farase individualmente aínda que o traballo sexa en grupo. Ademais dos traballos en grupo teranse que realizar outros individualmente. Os traballos individuais computarán o 40% da nota final neste epígrafe. Será necesario obter unha nota superior a un 5 e ter todas as actividades realizadas para poder aprobar esta parte. |
40 |
Análise de fontes documentais | A4 A5 A19 A26 A29 B1 B3 B5 B6 B12 B16 B22 B26 B27 B28 B30 C1 | Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Avaliarase a capacidade de análise da bibliografía e a súa capacidade de aplicación a través de preguntas durante as clases ou en traballos específicos. Avaliarase de forma individual e conxunta Será necesario obter unha nota superior a un 5 e ter todas as actividades realizadas para poder aprobar esta parte. |
20 |
Proba obxectiva | A4 A19 A20 A24 A26 A29 B1 B3 B12 B16 | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. Será necesaria unha nota mínima dun 5 para poder aprobar |
39 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación da signatura terá en conta, en calquera convocatoria, tanto o traballo continuado do alumno durante o curso (avaliación continua) como a avaliación obtida no exame final da materia. O alumno aprobará a materia cando obtendo un 5 na avaliación continua, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota superior ou igual a 5 no exame final. A nota final estará formada polo 30% da avaliación continua e o 70% do exame en todos os casos. Se non se cumpren as condicións para optar á avaliación continua a nota final estará formada só polo 70% da nota obtida no exame. Para optar á avaliación continua é necesario a asistencia de polo menos ao 80% das clases expositivas e ao 80% das clases interactivas, e é OBRIGATORIO a realización de TODOS os traballos e a súa presentación. A non realización dun dos traballos orixina a perda do dereito á avaliación continua. A nota final neste caso estaría formada polo 70% da nota do exame. No caso da realización de todos os traballos e de faltar EXCEPCIONALMENTE (só cando así o crea o profesor) á exposición dun deles, reducirase á metade a nota do traballo, a condición de que este sexa presentado polo resto do grupo e estes certifiquen a súa participación. En ningún caso poderase faltar a 2 exposicións. A avaliación continua inclúe o traballo desenvolvido nas clases interactivas, o traballo autónomo xeneral do alumno desenvolvido durante o curso, os traballos tutelados e as presentacións orais. O copiar de internet ou doutros traballos suporá a cualificación dun 0 na avaliación continua final. A avaliación farase individualmente aínda que o traballo sexa en grupo. A avaliación das clases interactivas realizarase da maneira seguinte 0: a non asistencia a clase 1: asistencia a clase e non se realizou o traballo persoal 2: asistencia a clase e o traballo realizado é moi insuficiente 4: asistencia a clase pero o traballo realizado é insuficiente, non completo. 6: asistencia a clase e o traballo realizado é bo pero incompleto nunha pequena parte. 8: asistencia a clase e o traballo realizado realizado é bo e inclúe achegas ao tema por parte do alumno. 10: poderase obter só como nota final cando se obtiveron de forma sistemática 8 nas clases interactivas e asistise con regularidade a clase En canto á cualificación do exame final, esta estará formada polo 40% da nota obtida na proba obxectiva ou test e o 60% da nota obtida nas preguntas de desenvolvemento, a condición de que se alcance unha valoración superior ao 40% en cada unha das partes (1.6 puntos na proba obxectiva e 2.4 na proba de desenvolvemento). Cando non se alcancen estes mínimos en cada unha das partes, o exame estará automaticamente suspenso e non poderá ter unha cualificación superior a un 4. Caso particular: alumnosque non realizan as actividades da avaliación continua ( recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exencións).Os alumnos que por algún motivo non poidan realizar as actividades que se avaliarán no que se definiu como avaliación continua, terán dereito a demostrar o seu coñecemento a través dun exame que estará formado por un test e se se supera este a unha proba de desenvolvemento oral. Esta proba oral en caso de non poderse facer de forma presencial substituirase por un exame oral a través da plataforma Teams ou similar. Esta modalidade de avaliación excepcional manterase tamén na segunda oportunidade .Para aprobar haberá que ter unha nota superior a 5 en cada unha das partes. A nota final estará formada polo 40% do test e o 60% da proba de desenvolvemento. En cada unha das partes haberá que ter unha nota superior a 5 para poder aprobar. Se non se chega a ese mínimo en cada unha das partes a nota final será como máximo dun 4 Ante calquera diferenza entre a versión en castelán e galego, terá prevalencia a guía en castelán. |
|