Esta materia pretende proporcionar uns coñecementos básicos de matemáticas que resultan imprescindibles para abordar problemas científico-técnicos que surxen no ámbito da arquitectura.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral
-Solución de problemas
-Prácticas a través de TIC
-Proba mixta
Estas metodoloxías docentes levaranse a cabo a través do sistema de videoconferencia de Microsoft Teams no seu horario habitual.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non hai
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico ou chat persoal por Microsoft Teams: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
-Videoconferencia en Microsoft Teams: Diariamente. De uso para realizar as sesións síncronas da materia e as titorías individuais ou de pequeno grupo.
4. Modificacións na avaliación
Non hai cambios
*Observacións de avaliación: o alumnado pode ser convocado a unha sesión de videoconferencia en Microsoft Teams para explicar o entregado na proba mixta. A puntuación de dita proba dependerá da exposición oral realizada.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías