Materia que desenvolve os contidos teóricos e prácticos necesarios para o coñecemento e uso das linguaxes documentais cuxa ferramenta de indización é a linguaxe ben sexa de carácter controlado ou libre.
Plan de continxencia
1- Modificacións nos contidos
Trataranse os mesmos temas, aínda que algúns de xeito máis simplificado e/ou a través de tarefas prácticas.
2- Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Lecturas
- Taller
- Traballo tutelado
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral (presenciais): substituída por docencia non presencial asíncrona, reforzo das comunicacións a través do foro de novas de moodle, reatroalimentación das actividades en moodle e dispoñibilidade on line para consultas e seguimento do alumnado.
- Proba oral: Realizarase un vídeo/presentación de power point con voz en lugar da presentación presencial.
- Presentación oral: Desaparece o 10% relacionado coa participación nas aulas. A exposición das lecturas pasará a realizarse gravando un power point con voz.
3- Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramentas: Correo electrónico, Microsoft Teams. Moodle (retroalimentación formativa das actividades)
Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación establézase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para videoconferencias a través de Teams.
4- Modificacións na avaliación
-Presentación oral: Peso na cualificación: 10%. A desaparición de parte desta metodoloxía resulta nun aumento do valor do taller do 10%.
-Taller: Peso na cualificación: 40%. Aumenta o seu valor inicial do 10%. Para os alumnos que realizasen presentacións durante as clases presenciais, poderá considerarse como xa conseguido unha parte que corresponda desa porcentaxe. En canto aos criterios de valoración non hai cambios
- Lecturas: Peso na cualificación: 15%. Non hai cambios nos criterios de valoración.
- Traballos tutelados: Peso na cualificación: 15%. Non hai cambios nos criterios de valoración.
- Proba obxectiva (on line): Peso na cualificación 20%. Pasará a realizarse a través de medios telemáticos. En canto aos criterios de valoración non hai cambios.
*Observacións de avaliación:
As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia.
5- Modificacións da bibliografía ou webgrafía
O material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) se colgarán na plataforma moodle ou darase acceso a eles a través de enlaces de Internet.
Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías