Guía DocenteCurso Facultade de Humanidades e Documentación |
Grao en Información e Documentación |
Asignaturas |
Linguaxes de Indización Terminolóxicos |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Linguaxes de Indización Terminolóxicos | Código | 710G02026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas. |
Lecturas | Lectura comprensiva, resumo e comentario de textos que completen os contidos teóricos da materia. |
Traballos tutelados | Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo, baixo a vixilancia e seguemento da profesora. Centrarase na elaboración dunha lista de referencias bibliográficas sobre os temas dos que se ocupa a materia. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. |
Obradoiro | O alumnado desenvolverá prácticas sobre cada un dos temas da materia, co apoio e supervisión da profesora. |
Presentación oral | Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que facer unha exposición apoiada con medios audiovisuais baseada nas lecturas. |
Proba oral | Exposición oral apoiada por unha presentación que implica un estudo amplo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. Aproveitaranse as prácticas realizados polo alumnado no obradoiro para propoñer exemplos. |
|