Guía DocenteCurso Facultade de Humanidades e Documentación |
Grao en Xestión Industrial da Moda |
Asignaturas |
Debuxo e Expresión Gráfica Aplicados á Moda |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Debuxo e Expresión Gráfica Aplicados á Moda | Código | 710G03006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A4 A5 A18 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 | Avaliación das prácticas e traballos plantexados e realizados na aula (clases expositivas, interactivas e seminarios) e/ou completados fóra dela. Estes traballos deben dar idea da maduración do alumnado na materia. É precisa a realización e entrega, en tempo e forma, do 80% dos traballos propostos para poder ser avaliado. Estes traballos non se devolverán ó alumnado. | 30 |
Traballos tutelados | A4 A5 A18 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | É unha parte fundamental da avaliación xunto cos traballos realizados no obradoiro, e realizaranse fora da aula de modo paralelo ó curso. A súa elaboración coa mínima calidade esixible é indispensable para a súa consideración, así como a súa entrega en tempo e forma. Do 30% da cualificación desta metodoloxía o 15% poderá obterse das entregas parciais do traballo tutelado e o outro 15% da entrega final do mesmo. Estes traballos non se devolverán ó alumnado. | 30 |
Proba práctica | C9 | A proba práctica (exame) serve de control para avaliar a maduración final do alumnado ó término da materia. | 40 |
Observacións avaliación | |||
A presencialidade (asistencia) é imprescindible, con participación activa e aproveitamento, tanto para a realización das prácticas e traballos no taller, como para as clases teóricas e seminarios. Unha asistencia inferior ó 80% pode comprometer a avaliación positiva na materia, agás naqueles casos de alumnado que teña un recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. O alumnado que se presente á proba práctica (exame), que teña unha cualificación nas partes correspondentes ao obradoiro e aos traballos tutelados, pero que non supere a materia coas porcentaxes sinaladas, figurará en actas coa cualificación final obtida. O alumnado que se presente á proba práctica (exame), pero que non teña unha cualificación nas partes correspondentes ao obradoiro e aos traballos tutelados, figurará en actas coa cualificación final de "NP". As prácticas do obradoiro, os traballos tutelados e a proba práctica (exame) só terán validez para o curso actual (primeira e segunda oportunidade, respectivamente), e deberán repetirse nos seguintes cursos académicos. Aplícanse os mesmos criterios de avaliación na primeira e na segunda oportunidade. Estes criterios son os mesmos para o alumnado matriculado en réxime de dedicación a tempo completo como no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Ao alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios de avaliación que para a primeira e segunda oportunidade. |
|