Portafolios do alumno |
A6 B6 B8 B9 C2 C6 C8 |
Valórase a adecuación do traballo dos alumnos aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. En cada unha das actividades valórase, polo tanto, a capacidade de análise e resolución de problemas, as habilidades informativas e a expresión oral e escrita. Ademáis do esforzo e dedicación demostrados polo alumno.
Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
|
50 |
Proba mixta |
A4 B2 B5 |
Cuestionarios de avaliación de cada tema da materia:
Avalíanse o número de erros e acertos de cada cuestionario. No caso das preguntas de resposta breve ademáis os contidos das mesmas: a adecuación ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
Os alumnos poden e deben empregar e revisar toda a documentación relacionada cos temas/subtemas da materia para dar resposta a cada cuestionario.
Entregarase cada cuestionario na data indicada pola profesora, non sendo avaliados os entregados fóra de prazo.
|
50 |