Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría Naval e Industrial Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Miguez Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
marcos.miguez@udc.es
Profesorado
Miguez Gonzalez, Marcos
Santiago Caamaño, Lucía
Correo electrónico
marcos.miguez@udc.es
lucia.santiago.caamano@udc.es
Web
Descrición xeral
O obxectivo desta materia é ampliar os coñecementos de hidrostática e á hidrodinámica naval, así como o modo de facer os cálculos de arquitectura e hidrodinámica naval, dos alumnos procedentes dos Graos en Propulsión e Servizos do Buque ou con coñecementos moderados nestas temáticas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos non se modificarán.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as metodoloxías de proba mixta, sesión maxistral, solución de problemas, presentación oral e traballos tutelados. Estas metodoloxías realizaránse virtualmente a través da plataforma Teams e Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Elimínanse as prácticas de laboratorio, que non se realizarán.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
MS Teams: proporcionarase atención os alumnos a través desta ferramenta. As titorías acordaranse previamente cos docentes a través de MS Teams, Moodle ou correo electrónico.
Correo Electrónico/Moodle: Poderán resolverse dúbidas en calquera momento a través do correo electrónico dos docentes.
4. Modificacións na avaliación
A calificación das prácticas de laboratorio, que se eliminan, distribuirase entre a proba mixta e os traballos tutelados. A calificación de cada unha das metodoloxías será a que segue:
Proba mixta – 30
Presentación oral – 10
Traballos tutelados - 60
*Observacións de avaliación:
Non hai observacións adicionais.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A bibliografía necesaria para abordar as metodoloxías desta materia estará disponible na páxina Moodle da mesma.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías