Enxeñaría Industrial 2 Enxeñaría Naval e Industrial Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
emilio.sanjurjo@udc.es
Profesorado
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
emilio.sanjurjo@udc.es
Web
Descrición xeral
O mantemento constitúe a técnica do coñecemento exhaustivo da operatividade de distintos sistemas mecánicos, das máquinas e os seus elementos, co fin establecer as variables de estado que poidan determinar pola súa condición a posibilidade dunha avaría, dun mal funcionamento ou dun falido rendemento do sistema mecánico.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral (de forma non presencial)
Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio. Na medida do posible, substituiranse por simulacións.
Saídas de campo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico: resolución de dúbidas rápidas ou programación de citas para titorías.
Teams: realización de titorías.
4. Modificacións na avaliación
En caso de non poder finalizar as prácticas de laboratorio, a nota correspondente a esa parte repercutirase na parte de traballos tutelados, a cambio de esixir un maior nivel de detalle nos traballos tutelados.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
A bibliografía recomendada mantense. O libro básico do curso segue sendo: Franccisco T. Sánchez Marin (2006). Mantenimiento mecánico de máquinas. Universidad Jaime I. Este exemplar está dispoñible para consulta online na biblioteca da UDC.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías