A materia dividese en duas partes: a primeira parte recolle os bloques I e II e a segunda os bloques III e IV.
Os alumnos elixirán ao comezo do cuatrimestre se queren avaliación continua ou non continua. A avaliación continua supón a asistencia a clase e a realización da solución de problemas e dos traballos tutelados.
No caso de avaliación continua:
Realizarase unha ou varias probas obxectivas para cada unha das partes. A avaliación de cada parte se realizará de forma independente cos baremos establecidos no recadro anterior.
Para a cualificación final da materia requírese aprobar ambas partes e que as probas obxectivas teñan unha nota igual ou superior a 4 puntos
para facer media coa avaliación continua (solución de problemas e traballos tutelados) e coa outra parte da materia.
No caso de alumnos con algunha parte suspensa, deberán ir con dita parte ao exame da convocatoria ordinaria e/ou de segunda oportunidade (xullo), gardándose as notas dos traballos tutelados e da solución de problemas ata a convocatoria de segunda oportunidade.
No caso de que o alumno elixa a avaliación non continua, a calificación final será a nota obtida no exame final da convocatoria ordinaria ou de segunda oportunidade. Tendo en ámbolos casos a valoración de 70/100.
Nota: O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia será avaliado en función
das súas particularidades específicas.