A asignatura de Vibracións e Ruídos divídese en tres partes diferenciadas.
Na primeira parte realizarase unha aproximación teórica ós fenómenos das vibracións, analizando de forma xeral os conceptos fundamentais da dinámica de sistemas mecánicos.
Na segunda parte, aplicaranse os contidos estudados anteriormente ó caso práctico das vibracións en buques, analizando as causas, consecuencias e as posibles medidas de redución de vibracións a bordo.
Por último, na terceira parte presentaranse as solucións constructivas, estándares e reglamentacións aplicables ó campo do control de ruido a bordo e ós requisitos de confort cada vez de mais aplicación no deseño de buques.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral
– Discusión dirixida (computa na avaliación)
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba mixta, pode ser vía telemática, a través de Moodle, Teams ou similares, se non é posible facelo de xeito presencial nunha aula adaptada ás circunstancias especiais de separación e protección de alumnos e profesores.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, mediante o que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
Ata 3 sesións semanais (segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios
*Observacións de avaliación:
A proba mixta telemática adaptarase á situación específica do momento no que se debe realizar e para iso pode empregar diferentes modalidades de avaliación como:
- Realización dunha proba en liña de preguntas con respostas predeterminadas
- Realización dunha proba teórica e / ou escrita con acceso permitido á bibliografía ou notas
- Realización dunha proba teórica e / ou escrita sen acceso á bibliografía e notas
- Realización dunha proba oral persoal mediante telemática
- Unha combinación dos anteriores
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías