A través do proceso de aprendizaxe, reflexión e interiorización desenvolvido ao longo da materia, o alumno e a alumna adquirirán os coñecementos, actitudes e habilidades necesarios para:
- Participar na atención da comunidade, tendo en conta a realidade da muller e da poboación infantil e adolescente nela.
- Comprender o proceso saúde–enfermidade da muller e do neno e a nena desde o seu nacemento ata a adolescencia, así como os condicionantes físicos, psíquicos, antropolóxicos e da contorna sociofamiliar que o potencian ou dificultan.
- Identificar as necesidades de saúde propias da muller, especialmente durante a súa etapa reprodutiva e durante o seu proceso de maternidade.
- Prestar coidados de enfermería á muller, que contemplen desde a promoción, o mantemento, a recuperación e a rehabilitación da saúde ligada ao sexo, á reprodución humana, e ao coidado de forma integral da nai.
- Analizar críticamente os recursos e dispositivos sociosanitarios que prestan atención á muller.
- Realizar as accións encamiñadas á vixilancia e seguimento do neno e a nena sans, así como a detección precoz dos nenos e as nenas de alto risco.
- Identificar as necesidades de saúde do neno e nena san ou enfermo, desde o nacemento á adolescencia nos diferentes contextos en que se atopa (familia, comunidade, medio hospitalario)
- Valorar e detectar os problemas relacionados coas necesidades básicas alteradas do neno ou nena e do adolescente ou da adolescente.
- Establecer unha correcta comunicación co neno, nena, a familia e a equipa de saúde.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios
2. Metodoloxías
*maxistral pasa a ser exclusivamente virtual vía Teams síncrona co grupo e na franxa horaria asinada para a materia no calendario.
*seminarios grupais vía teams (faránse grupos restrinxidos segundo as esixencias da pandemia, máximo nove membros do alumnado e o docente)
En caso de non poder asumir a presencialidade por esixencias da pandemia o ensino será exclusivamente virtual e na franxa horaria asinada no calendario académico.
*seminarios on-line, de periodicidade semanal con achegas da materia en plataforma Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O alumnado dispón de material docente na plataforma Moodle e actualización e corrección das tarefas plantexadas. Estudo de casos clínicos semanais e traballo tutelado con presentación final presencial.
4. Modificacións na avaliación
Requisitos para superar a materia. O sistema de evaluación será 50% resultado da avaliación contínua (seminarios e traballo tutelado) e o 50% cuestionario tipo test vía Moodle.
Os alumnos deben entregar e expoñer os traballos na data que se lles indique.
No caso das tutorías serán virtuais e coa obrigatoriedade de comunicación formal vía mail ao docente.
O cómputo da asistencia só se realizará con respecto ás sesións ate o momento no que se suspende a actividade presencial.
A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Non hai modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías