Por aplicación do plan de prevención para a COVID-19 da Facultade de Enfermería e Podoloxía, para o curso 2020/2021 antes do inicio do curso e a través da plataforma virtual terá lugar a presentación da materia, da guía docente e da organización da asignatura, que incluirá a organización dos grupos tanto de seminarios como de prácticas, así como a presentación do calendario do rotatorio. Dita organización (grupos de prácticas) tratará de acordarse, de ser posible, tendo en conta circunstancias específicas do alumnado. O alumnado que non participe a través dos canles da facultade virtual para a organización dos grupos, será incluido automáticamente nos grupos nos que por necesidade de equilibrio de composición dos mesmos sexa preciso. Fixaranse unhas datas límite para opción de cambios de grupo. Para asistir ás prácticas clínicas utilizarase a indumentaria asistencial e identificación obrigatoria da Clínica Universitaria de Podoloxía. Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero - Os traballos documentais dos seminarios da materia solicitaranse en formato informático
- Toda a información da organización da materia así como o temario estará disponible en Moodle en formato PDF para ser descargada ou consultada en liña sen necesidade de realizar a impresión de esta. No caso de ter que imprimila recoméndase:
- Impresións a dobre cara
- Empregar papel reciclado
- Como parte dos valores da materia traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, así como facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
- É recomendable facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural (por exemplo, evitar mercar botellas de auga de plástico ou empregar unha para encher de auga da fonte da facultade ou da clínica universitaria)
|