Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Subjects
  Podiatric Surgery 2
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Seminar B1 A realización das actividades relacionadas cos Seminarios son obrigatorias na súa totalidade e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia.
É necesario obter polo menos unha puntuación de 5 sobre 10 posibles para superar a materia.
A non realización e/ou non entregar todas as actividades relacionadas cos Seminarios en tempo e forma suporá o suspenso da materia.
Na cualificación dos Seminarios considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, achegas ao resultado final, capacidade de síntese e de espírito crítico, adecuación e actualización da bibliografía consultada así como claridade na redacción.
As pautas para a súa realización daranse o día de presentación da materia e especificaranse na plataforma virtual da UDC.
A asistencia aos Seminarios é obrigatoria na súa totalidade (100%) e non se pode recuperar ou substituír por outra actividade da materia sendo necesario alcanzar a metade da puntuación total destinada a esta metodoloxía para superar a materia. En caso de non asistir á totalidade dos Seminarios e/ou non realizar as actividades relacionadas cos mesmos ou non lograr a puntuación mínima requirida, na convocatoria de xullo o alumnado deberá responder a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas.



30
Laboratory practice B5 B6 B8 B9 B19 C1 A asistencia ás Prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade (100%) para poder ser avaliado e optar á cualificación de aprobado nas convocatorias oficiais de xuño ou xullo.
Na súa realización e desenvolvemento teranse en conta as actitudes e aptitudes demostradas polo alumnado en base aos seguintes criterios:
-Aplicación gradual á práctica dos coñecementos adquiridos na teoría.
-Destreza e habilidade na execución das técnicas explicas.
-Cumprimento das normas xerais de prácticas, da UDC e normativa en materia de prevención COVID-19.
-Grao de interese e participación
10
Supervised projects B3 B5 B8 Realizarase 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado coa materia.
As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse na plataforma virtual da UDC.
Na súa elaboración valorarase a utilización do inglés escrito.
A non realización e/ou participación no Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar esta metodoloxía.
A non realización e/ou participación no Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Neste caso o alumnado deberá responder na convocatoria de xullo a 30 preguntas tipo test relacionadas coas temáticas abordadas.
20
Objective test A33 B17 Realizarase unha proba obxectiva final individual e presencial que constará de 60 preguntas tipo test (40% da cualificación final da materia)
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas Sesións maxistrais, coas Prácticas de laboratorio, cos Seminarios e con todos aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado.
O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar esta metodoloxía.
Cara á metade do cuadrimestre (en data que será notificada e publicada con suficiente antelación) realizarase unha proba obxectiva parcial individual tipo test dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento.
Esta proba tipo test forma parte da proba obxectiva final e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumnado non terá nin poderá volver examinarse na convocatoria de maio e/ou xullo dos contidos xa avaliados e superados. Supón un 20% do valor total da proba obxectiva. Será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial liberatoria e para que a porcentaxe asignada (20% do valor total da proba obxectiva) contabilice na avaliación final da materia facendo a media correspondente.
En caso de suspender a proba obxectiva parcial liberatoria o alumnado deberá examinarse de todos os contidos da materia na convocatoria de maio e non se terá en conta ese 20% do valor da proba liberatoria.
40
 
Assessment comments
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes