Guía DocenteCurso Facultade de Enfermaría e Podoloxía |
Grao en Podoloxía |
Asignaturas |
Cirugía Podolóxica 2 |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Cirugía Podolóxica 2 | Código | 750G02030 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | B1 | A realización das actividades relacionadas cos Seminarios son obrigatorias na súa totalidade e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia. É necesario obter polo menos unha puntuación de 5 sobre 10 posibles para superar a materia. A non realización e/ou non entregar todas as actividades relacionadas cos Seminarios en tempo e forma suporá o suspenso da materia. Na cualificación dos Seminarios considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, achegas ao resultado final, capacidade de síntese e de espírito crítico, adecuación e actualización da bibliografía consultada así como claridade na redacción. As pautas para a súa realización daranse o día de presentación da materia e especificaranse na plataforma virtual da UDC. A asistencia aos Seminarios é obrigatoria na súa totalidade (100%) e non se pode recuperar ou substituír por outra actividade da materia sendo necesario alcanzar a metade da puntuación total destinada a esta metodoloxía para superar a materia. En caso de non asistir á totalidade dos Seminarios e/ou non realizar as actividades relacionadas cos mesmos ou non lograr a puntuación mínima requirida, na convocatoria de xullo o alumnado deberá responder a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas. |
30 |
Prácticas de laboratorio | B5 B6 B8 B9 B19 C1 | A asistencia ás Prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade (100%) para poder ser avaliado e optar á cualificación de aprobado nas convocatorias oficiais de xuño ou xullo. Na súa realización e desenvolvemento teranse en conta as actitudes e aptitudes demostradas polo alumnado en base aos seguintes criterios: -Aplicación gradual á práctica dos coñecementos adquiridos na teoría. -Destreza e habilidade na execución das técnicas explicas. -Cumprimento das normas xerais de prácticas, da UDC e normativa en materia de prevención COVID-19. -Grao de interese e participación |
10 |
Traballos tutelados | B3 B5 B8 | Realizarase 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado coa materia. As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse na plataforma virtual da UDC. Na súa elaboración valorarase a utilización do inglés escrito. A non realización e/ou participación no Traballo tutelado supón o suspenso da materia. Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar esta metodoloxía. A non realización e/ou participación no Traballo tutelado supón o suspenso da materia. Neste caso o alumnado deberá responder na convocatoria de xullo a 30 preguntas tipo test relacionadas coas temáticas abordadas. |
20 |
Proba obxectiva | A33 B17 | Realizarase unha proba obxectiva final individual e presencial que constará de 60 preguntas tipo test (40% da cualificación final da materia) Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas Sesións maxistrais, coas Prácticas de laboratorio, cos Seminarios e con todos aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado. O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar esta metodoloxía. Cara á metade do cuadrimestre (en data que será notificada e publicada con suficiente antelación) realizarase unha proba obxectiva parcial individual tipo test dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento. Esta proba tipo test forma parte da proba obxectiva final e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumnado non terá nin poderá volver examinarse na convocatoria de maio e/ou xullo dos contidos xa avaliados e superados. Supón un 20% do valor total da proba obxectiva. Será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial liberatoria e para que a porcentaxe asignada (20% do valor total da proba obxectiva) contabilice na avaliación final da materia facendo a media correspondente. En caso de suspender a proba obxectiva parcial liberatoria o alumnado deberá examinarse de todos os contidos da materia na convocatoria de maio e non se terá en conta ese 20% do valor da proba liberatoria. |
40 |
Observacións avaliación | |||
PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO: Lograr unha cualificación de 5 sobre 10 no global da materia, asistir á totalidade das Prácticas de laboratorio; realizar e superar todas as actividades relacionadas cos Seminarios; lograr unha cualificación de 5 sobre 10 na proba obxectiva final e superar realizando e participando activamente no Traballo tutelado que lle foi asignado. No caso de que a cualificación dalgunha das metodoloxías que computan na avaliación e son imprescindibles para superar a materia sexa inferior a 5/10 a cualificación final será de Suspenso e a valoración numérica calcularase pasando a cualificación calculada da parte que motiva o suspenso sobre 10 e sumada porcentualmente ao resto de cualificacións, sempre que dita suma non supere o 4/10 nese caso reflectirase o 4 como cualificación final da materia. Convocatorias de segunda e posteriores matrículas : O alumnado que curse a materia e realice as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de APTO poderá volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só á proba obxectiva individual final. O alumnado con matrícula parcial: poderá obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou modalidade na que a proba obxectiva supón o 100% da cualificación. Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación : Para o alumnado que solicitase a oportunidade adiantada de avaliación, cumpra cos requisitos e concédaselle poderán presentarse á proba obxectiva final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia. A cualificación de NON PRESENTADO outorgarase a aquelas persoas que non se presenten á proba obxectiva final ou a ningunha das metodoloxías de asistencia obrigatoria. As condicións para a obtención da MATRÍCULA DE HONRA (MH) son obter máis dun 90% da cualificación total da materia, ser a mellor cualificación de entre todo o alumnado matriculado na oportunidade avaliada e que a súa achega fose significativa a criterios do profesor responsable da materia. NOTA: En todo momento o alumnado empregará tanto para comunicarse co docente responsable da materia como para a realización das metodoloxías a avaliar o correo electrónico institucional UDC e as aplicacións ou canles de comunicación propios da institución. |
|