Teaching GuideTerm Faculty of Nursing and Podiatry |
Grao en Podoloxía |
Subjects |
Diabetic Foot |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Diabetic Foot | Code | 750G02031 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Fourth | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Workshop | A25 B11 B12 | Para a puntuación deste apartado valorarase tanto o número de asistencias como a participación na aula e a entrega das actividades desenvolvidas e a valoración das mesmas a través da plataforma Moodle. | 10 |
Supervised projects | B18 | O alumnado organizado en grupos deberá elaborar un proxecto de prevención e educación de lesións en pacientes diabéticos, que será serán entregados a través da plataforma Moodle que será desenvolvido e exposto fronte a grupos de pacientes no horario da materia durante o mes de novembro-decembro. Na avaliación do proxecto terase en conta a calidade do mesmo, a aplicabilidade e a mellora da formación dos pacientes prevista. Así mesmo valorarase a calidade da exposición aínda que só exporán os 2-3 mellores traballos. Para o resto de grupos a porcentaxe da cualificación deste apartado correspondente á exposición (2%) avaliarase como actividade alternativa a participación nos actos conmemorativos do día mundial da Diabetes (14 novembro), as actividades do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" ou gravar a simulación do desenvolvemento completo da actividade exposta. Outra alternativa de proxecto preventivo será realizar un proxecto de actividade no Hall do Marcide para realizar o 14 de novembro, con motivo do día mundial da Diabetes Mellitus. Actividade en paralelo cos alumnos de Enfermaría que realizarán toma de glicemias. Para este proxecto deberá de especificarse os materiais necesarios e de onde sairían e de onde sairía cada un dos membros do grupo desa semana de prácticas. |
5 |
Mixed objective/subjective test | A25 A28 A44 | Proba teórica, o día marcado no calendario académico para exame, que representará o 60% da nota final da materia. Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos talleres e nas prácticas de laboratorio e que serán publicados no Campus Virtual (plataforma Moodle) da materia. O exame teórico constará dun exame final tipo test de 30 preguntas test e 5 preguntas de desenvolvemento. Para superar a proba teórica con cualificación de aprobado será necesario superar o 50% das preguntas do exame tipo test, 3 das preguntas de desenvolvemento. Na parte do test cada 3 preguntas incorrectamente respondidas descontarán unha resposta correcta. INSTRUCIÓNS DO EXAME: - Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos colgadores e mesas do fondo da clase. - Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles. - Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, o cartón identificativo do estudante (DNI ou cartón UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables. - A copia e o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móbiles, auriculares e reloxos de calquera tipo) será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a calificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades). - Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula. |
60 |
Guest lecture / keynote speech | A28 A44 | Valoraráse a asistencia e a participación activa e produtiva ás clases no TEAMs de materia. Naquelas clases nas que o estudiante participe en diferido, para computar a sua participación na mesma deberá de entregar 10 preguntas tipo test do tema tratado coa xustificación da correccción ou falsedade de cada unha das 4-5 opcións de resposta |
5 |
Laboratory practice | B19 | Será obrigatoria a asistencia á totalidade das prácticas, superar a valoración final das mesmas e a entrega dunha memoria de prácticas a través da plataforma Moodle. Puntuarase tanto a asistencia e o desenvolvemento da práctica, a avaliación final das mesmas e a memoria das prácticas (describindo os procesos realizados, con fotografías desde todas as perspectivas de todos os tratamentos elaborados durante as prácticas, cunha análise crítica das mesmas e realizando unha valoración persoal das prácticas). |
10 |
Supervised projects | C3 C4 C5 | O alumnado organizado en grupos deberá elaborar un traballo sobre a creación e funcionamento dunha unidade de pé diabético. Os traballos serán entregados a través da plataforma Moodle. Valorarase tanto a calidade do mesmo, a xustificación bibliográfica das afirmacións expostas, a aplicabilidade, a concreción nunha localidade e centro real e a innovación do mesmo sendo moi relevante o desenvolvemento de todos os apartados do mesmo, moi especialmente a xustificación, os obxectivos, a organigrama, estrutura ou formulación do proxecto así como os protocolos e follas clínicas da unidade. Valorarase a asistencia e participación na exposición e defensa do proxecto a través da plataforma TEAMs da materia. Aqueles que por problemas de conectividad ou motivos xustificados, participen en diferido, deberán de facer un breve resumo e valoración individual de cada un dos traballos de todos os grupos de alumnos. |
10 |
Assessment comments | |||
Para a modalidade ordinaria de avaliación: o 60% da avaliación de materia depende por tanto da proba obxectiva que neste caso será unha proba mixta. Por outra banda, o 15% da cualificación depende así mesmo dos traballos tutelados (un de 10% outro un 5%. Finalmente, o 25% da cualificación da materia dependerá da aprendizaxe colaborativo entendendo como tal as sesións maxistrais (5%), os seminarios (10%) e as prácticas de laboratorio (10%). Para superar a materia é necesario ademais de alcanzar 5 sobre 10 no total da materia, Segunda oportunidade: Para aquel alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade de avaliación, manterase as mesmas porcentaxes de avaliación a cada metodoloxía que na primeira oportunidade e o alumno poderá volver realizar calquera das tarefas avalidadas, que estime convenientes, neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 7 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade. Terá que repetir, en calquera caso, o exame final da materia. Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, talleres, traballos tutelados e clases maxistrais do curso académico no que cursase as prácticas de laboratorio. Para alumnado con matrícula parcial: poderán Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia. A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame nin a ningunha das prácticas. As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña mais dun 95% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nos seminarios-talleres e prácticas fose significativa.
A fin de establecerun proceso de mellora contínua da materia e facilitar a participación de todosos alumnos/as, polo envío dun arquivo co nomeApelido1_Apelido2_Nome-VALORACION.doc se poderán sumar ata 0,4 puntos ápuntuación da materia, a condición de que a suma destes puntos non supoña oaprobado da mesma. Esta puntuación virá determinada por:
|
|