Durante a realización do Prácticum 3 o alumno/a asume o último bloque das súas prácticas pre-profesionais. Estas prácticas desenvólvense na Clínica Universitaria de Podoloxía (CUP) e en Servizos clínicos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol co fin de que o alumno/a incorpore á súa formación as competencias fundamentais e os valores profesionais para o exercicio da súa profesión. O bloque práctico supón unha participación activa do alumno/a en o proceso asistencial sempre baixo supervisión do profesorado. Durante as mesmas poderanse desenvolver outras actividades en forma de seminario ou sesións clínicas nas que se abordarán contidos e competencias relacionadas coa práctica clínica como o estudo e discusión de casos, interpretación de probas complementarias ou realización de informes. Antes do inicio das prácticas clínicas porase a disposición do alumno/a un anexo a esta guía na que se detallarán aspectos relacionados coa planificación, a metodoloxía e a avaliación da materia.
Plan de continxencia
Dado que esta materia ten lugar no segundo cuadrimestre e trátase dunha materia de práctica clínica asistencial de carácter presencial, o presente plan de continxencia recolle liñas xerais que poden sufrir modificacións en función da evolución da pandemia COVID-19, agás o recollido no apartado da avaliación, que será de aplicación para a superación da materia.
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
Non se propoñen cambios a espera de coñecer a evolución da pandemia para o segundo cuadrimestre do curso
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams, Moodle, e Correo electrónico. Temporalización acordada cos estudantes segundo necesidade e dispoñibilidade de ambas as partes e unha vez establecidos os cambios nas metodoloxías, de ser necesarios.
4. Modificacións na avaliación
Para poder ser avaliados e optar a superar a materia do Prácticum III, os estudantes deberán superar un número de horas mínimo equivalente ao 75% das horas presenciais de práctica clínica recollidas no apartado "Planificación", porcentaxe que implica a realización de 180 horas de práctica clínica presencial, e a superación do examen individual nos servizos de rotación na Clínica Universitaria de Podoloxía.
Observacións de avaliación:
No caso de que un confinamiento ou estado de alarma durante o periodo lectivo impida acadar o 75% da presencialidade mínima para superar a materia, será obligatorio, recuperar as horas de práctica presencial, en canto sexa posible, fora do periodo lectivo, así como a realización do exame individual. De existir a posibilidade, recuperase o 100% das horas de práctica clínica como criterio obrigatorio para superar a materia, agás a porcentaxe de horas de faltas xustificadas indicado na guía docente para o suposto dun desenvolvemento normal das prácticas.
Manterase a avaliación e a súa porcentaxe das metodoloxías na que todo o alumnado tivese a opción de ser calificado. As metodoloxías presenciais nas que non exista opción a manter a posibilidade de calificación verán redistribuida o peso na avaliación nas metodoloxías nas que sí exista a opción de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías