Esta materia ten como obxectivo dar a coñecer aos estudiantes de podoloxía un protocolo de carácter interdisciplinar para a valoración do complexo articular do nocello e pé, así como as súas implicacións globais no resto de segmentos corporais, utilizando para ilo a exploración física e o razonamento clínico seguidos no proceso de fisioterapia. A partir de biomecánica clínica, exponse protocolos de valoración neuro-ortopedica e funcional a partir dos cales implementar estratexias terapéuticas baseadas na cinesiterapia nas súas distintas modalidades e a reeducación sensorio-perceptivo-motora.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se contemplan modificacións nos contados.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse as seguintes metodoloxías docentes:
- Docencia expositiva (sesión maxistral) en formato virtual a través de plataformas institucionais.
- Estudo de casos, para o cal se reforzará o soporte e titorización telemática
- Lecturas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Deberán modificarse as seguintes metodoloxías docentes:
- Proba mixta: levarase a cabo de forma telemática, facendo uso das plataformas insitucionais.
- Actividades iniciais: realizaranse a través de seminarios de debate en grupo reducido a través das plataformas institucionais
- Discusión dirixida. Realizaranse a través de seminarios de debate en grupo reducido a través das plataformas institucionais. Fomentarase a participación en foros de debate temáticos creados ao efecto, así como a través da realización de actividades/dinámicas de autoavaliación (facendo uso de recursos socráticos como Kahoot).
Decaerán as seguintes metodoloxías:
- Prácticas de laboratorio. De non poder realizarse por causa da situación sanitaria, os contidos serán abordados/compensados telemáticamente a través do uso de material audiovisual de apoio.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Crearanse foros temáticos asociados aos módulos da materia, onde formular as consultas necesarias, así como “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se poñerá en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
- MS Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o a revisión dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ata 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Non se propón modificación, salvo a porcentaxe asignada a avaliación continuada das sesión prácticas, que pasaría a computar na avaliación continuada xeral do conxunto de actividades telemáticas da materia (elevándose por tanto ata o 20%). A proba mixta representará igualmente un 40% ao igual que o traballo de estudo de casos (40%).
*Observacións de avaliación:
Manteñense os mesmos requisitos para superar a materia agás o requisito de asistencia a un mínimo do 70% das sesións prácticas, que será esixible para o conxunto de sesións telemáticas que se desenvolvan.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se contemplan modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías