Teaching GuideTerm Faculty of Work Sciences |
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011) |
Subjects |
Accounting Analysis |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Accounting Analysis | Code | 760492006 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 1st four-month period |
First | Obligatory | 3 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Objective test | A2 B2 B3 C1 | A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. | 40 |
Directed discussion | B2 B4 B7 B8 | Pedirase ao alumnado que participe activamente ao longo do cuadrimestre tanto durante as sesións como no foro virtual (expondo opinións, resolvendo dúbidas, participando no debate de temas previamente preparados, avaliando o traballo dos demais estudantes, etc.). | 15 |
Case study | A2 B3 C1 C3 C7 | Pedirase ao alumnado que resolva un caso práctico de análise contable traballando en grupo. Valorarase de xeito conxunto, tendo en conta o rigor na resolución, o traballo en equipo e o axeitado uso de TIC (folla de cálculo, ferramentas de presentación, bases de datos, etc.). | 30 |
Oral presentation | B9 C4 | No marco do caso práctico de análise contable resolto en grupo, valorarase de xeito individual a defensa nas sesións de seguimento e a presentación oral, tendo en conta a presentación e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. | 15 |
Assessment comments | |||
O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidas durante as sesións e no foro virtual. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte. Seguirá o mesmo sistema de avaliación, coas seguintes particularidades: a súa participación activa terá lugar mediante o foro virtual (discusión dirixida) e, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación. Cualificación de non presentado. Se non se entrega e presenta o caso práctico de análise contable, a cualificación nesa oportunidade será non presentado. Avaliación da segunda oportunidade Axustarase ao mesmo esquema previsto para a primeira oportunidade con dúas excepcións motivadas polo feito de non ter docencia nese período:
O alumnado que desexe concorrer á segunda oportunidade, deberá contactar co docente antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, para que se lle asigne as empresas para resolver o caso práctico de análise contable. Condicións de realización dos exames Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente. |
|