Conxunto de actuacións realizadas por profesionales independentes que levan a cabo a análise e revisión da situación laboral dunha empresa, mediante o estudo da documentación e información aportada pola mesma, reflexando nun informe final a situación real da propia empresa en canto ó cumprimento das obrigas xurídico-laborais e da Seguridade Social.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: non se realizan cambios
2. Metodoloxías: Estudio de casos e proba obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: a través de teams ou moodle, nos horarios habituáis de clase e titoría
4. Modificacións na avaliación: Proba obxectiva: 30% ; Estudio de casos: 70%
*Observacións de avaliación: Non é preciso acadar unha nota mínima en ningunha das duas partes para que fagan media entre si.
Os alumnos con dispensa ou matrícula a tempo parcial, poden optar por acollarse a esta metodoloxía ou optar por facer unha proba oral sobre o 100% da nota.
Na oportunidade extraordinaria de xullo, as condicións de avaliación serán as mesmas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías