Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Terceiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría Industrial
Coordinación
Quintián Pardo, Héctor
Correo electrónico
hector.quintian@udc.es
Profesorado
Quintián Pardo, Héctor
Correo electrónico
hector.quintian@udc.es
Web
Descrición xeral
O obxectivo xeral da asignatura é iniciar ao alumno no uso do computador nos sistemas de control automático. Preténdese describir a forma en que se pode empregar un computador para controlar calquera sistema físico controlable. É necesario xa que logo iniciar ao alumno nos sistemas de control dixital. Como obxectivos específicos relaciónanse os seguintes:
-Mostrar o uso do computador nos sistemas de control.
-Analizar e deseñar un sistema de control por computador.
-Implementar sistemas de control por computador.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán modificación nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral, Solución de problemas, Traballos tutelados, Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
Suprímense as prácticas de laboratorio. Ocuparase o tempo asignado as mesmas a metodoloxía de solución de problemas e simulación.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Tanto a sesión maxistral coma a solución de problemas levaráse a cabo a través da plataforma Microsoft Teams.
Mantéñense os horarios de titorías a través da plataforma Microsoft Teams e o correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
O peso correspondente as prácticas de laboratorio se asignará á metodoloxía de traballos tutelados.
A proba mixta realizarase a través de plataforma do plataforma Moodle.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense os mínimos necesarios para aprobar a asignatura naquelas metodoloxías que non se modifiquen.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías