Prácticas de laboratorio |
A4 B1 B4 B5 C1 |
As sesións practicas de laboratorio son de obrigada asistencia, imprescindibles para poder aprobar a materia. Tomarase nota da asistencia. Valorarase a comprensión da materia e a participación activa mediante preguntas ao alumno no transcurso das sesións prácticas. Entregarase unha memoria final individual ou en grupo, na que se relatarán as sesións prácticas e as súas medidas así como a dos exercicios prácticos que se asignen referentes ás mesmas. A memoria das prácticas e exercicios prácticos avaliarase en base á calidade, estrutura, orixinalidade, resultados e calidade documental das súas imaxes, sobre un total de dez puntos. Sendo necesario alcanzar o 5 sobre 10 para aprobar as prácticas, é dicir, o 50% do seu peso do 20%.
O 20% de peso total deste apartado na materia ten un carácter obrigatorio e previo á avaliación final. |
20 |
Proba obxectiva |
A4 B1 B4 B5 |
O exame escrito final (xa sexa na convocatoria ordinaria de Xuño ou a convocatoria extraordinaria de Xullo, a convocatoria de Xunio que poderá ser adiantada a finais de maio por acordo unánime dos matriculados) será de 10 problemas e/ou test. Nos problemas, o ben xustificado no que se chegue ao resultado correcto puntuarán o punto.
A duración do exame será de 2h, ampliable para o estudante que conte con adaptación á diversidade que estime tempo adicional establecido polo servizo ADI da UDC.
A puntuación obtida sobre dez contribuirá á cualificación final nun 40%, de alcanzarse o 5 nas restantes metodoloxías servirá para subir nota.
De non alcanzase o 5 nas restantes probas servirá para lograr o aprobado, pero de non presentarse a esta proba obxectiva a cualificación final será de "Non presentado", con independencia da puntuación alcanzada no resto das probas das outras metodoloxías. |
40 |
Sesión maxistral |
A4 B1 B5 C2 |
Exposición oral teórica-práctica dos capítulos do programa para transmitir coñecementos, podendo ser complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia. Ofrecerá unha visión xeral e estruturada dos temas, destacándose os aspectos importantes. Valorarase a asistencia regular activa, sempre que sexa mínimo do 80% terá un peso do 10%. |
10 |
Sen prácticas aprobadas non se pode aprobar a materia. A cualificación final darase cun decimal e será, a condición de que estean aprobadas as prácticas: puntos das probas escritas de problemas ata o máximo dun 3 (se asistencia a solución de problemas superior ao 80%) 1 punto de asistencia activa a expositivas (se asistencia superior ao 80%) puntuación da proba obxectiva sobre 10*0,4 puntuación das prácticas de laboratorio sobre 10 *0,2 (a condición de que a memoria de prácticas supera o 5 sobre 10). De non superarse as prácticas, independentemente das notas alcanzadas nas demais metodoloxías, será a nota alcanzada nas prácticas sobre 10 e de non presentarse ás prácticas, independentemente das notas alcanzadas nas demais metodoloxías Para superar a signatura nas convocatorias oficiais é necesario ter unha cualificación final de 5 ou superior (máximo 10 puntos).
|