Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Competencias / Resultados do título


TipoA Código  
  Mixto
  AM1 Saber buscar e analizar a biodiversidade de microorganismos, plantas e animais así como seleccionar os de maior interese biotecnolóxico (aplicado).
  AM2 Ter unha visión integrada do metabolismo e do control da expresión xénica para poder abordar a súa manipulación.
  AM3 Coñecer as aplicacións biotecnolóxicas dos microorganismos, plantas e animais e saber manipulalos de cara á súa aplicación biotecnolóxica.
  AM4 Coñecer e saber usar as técnicas de cultivo e a enxeñaría celular.
  AM5 Coñecer os principios da xenómica e a proteómica.
  AM6 Coñecer e saber aplicar en biotecnoloxía técnicas convencionais, instrumentais así como tecnoloxías como a nanotecnoloxía e teledetección.
  AM7 Saber buscar, obter e interpretar a información das bases de datos biolóxicos: xenómicas, proteómicas, transcriptómicas e metabolómicas e utilizar as ferramentas básicas da bioinformática.
  AM8 Coñecer as bases do deseño e funcionamento dun bioreactor.
  AM9 Saber deseñar e executar un protocolo completo de purificación dunha molécula, orgánulo ou fracción celular.
  AM10 Saber realizar o deseño, planificación, avaliación e optimización de sistemas de produción biotecnolóxica.
  AM11 Deseñar e xestionar proxectos de base biotecnolóxica.
  AM12 Coñecer e saber aplicar os sistemas de control de calidade vixente.
  AM13 Saber xestionar e traballar con garantías en calquera laboratorio biotecnolóxico do ámbito público ou privado.
  AM14 Ter unha visión integrada dos procesos de I+D+i desde o descubrimento de novos coñecementos básicos ata o desenvolvemento de aplicacións concretas deste coñecemento e a introdución no mercado de novos produtos biotecnolóxicos.
  AM15 Saber deseñar unha investigación prospectiva de mercado para un produto biotecnolóxico.
  AM16 Coñecer e analizar os aspectos financeiros que se están expansionando no mercado biotecnolóxico.
  AM17 Saber buscar e obter información das principais bases de datos sobre patentes e elaborar a memoria de solicitude dunha patente dun proceso biotecnolóxico.
  AM18 Posuír un amplo coñecemento dos aspectos éticos e legais que afectan as diferentes disciplinas relacionadas coa Biotecnoloxía.
  AM19 Coñecer todos os aspectos legais no ámbito da Biotecnoloxía.
  AM20 Saber implantar os sistemas de calidade e seguridade en laboratorios e empresas de acordo coas normativas vixentes.
  AM21 Coñecer os recursos microbianos, vexetais e animais de interese biotecnolóxico así como as súas aplicacións na industria alimentaria e agropecuaria.
  AM22 Coñecer, saber deseñar e controlar os procesos de produción nas industrias alimentarias e agropecuarias.
  AM23 Coñecer as técnicas de análise de alimentos e as súas aplicacións.
  AM24 Coñecer as estratexias de produción e mellora de alimentos por métodos biotecnolóxicos.
  AM25 Coñecer e saber implantar os procesos de control de calidade, control de puntos críticos e trazabilidade nas industrias agroalimentarias.
  AM26 Coñecer as aplicacións da biotecnoloxía ao desenvolvemento sostible.
  AM27 Coñecer a problemática da contaminación ambiental e saber facer avaliacións do impacto ambiental.
  AM28 Coñecer e saber aplicar as técnicas de detección e tratamento da contaminación ambiental.
  AM29 Coñecer e saber aplicar as técnicas de biorremedación e biorecuperación de ambientes contaminados.
  AM30 Coñecer e saber utilizar as medidas de prevención e xestión da contaminación ambiental enfocada ao control da mesma e á minimización dos seus efectos.
  AM31 Saber levar a cabo auditorías sobre contaminación ambiental.
  AM32 Coñecer os tipos de procesos moleculares e celulares de carácter xeral implicado en patoloxías.
  AM33 Saber realizar o diagnóstico molecular de enfermidades e terapia xénica.
  AM34 Coñecer e saber aplicar as técnicas de reprodución asistida en humanos e animais.
  AM35 Coñecer os procesos de deseño, desenvolvemento e produción de vacinas e fármacos.
  AM36 Coñecer os factores xenéticos responsables da resposta variable a fármacos, nutrientes e xenobióticos e saber aplicalos ao deseño de novos fármacos específicos.
  AM37 Coñecer e saber aplicar as técnicas de bioloxía forense.
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 Capacidade de análise e síntese (localización de problemas e identificación das causas e a súa tipoloxía).
  BM2 Capacidade de organización e planificación de todos os recursos (humanos, materiais, información e infraestruturas).
  BM3 Capacidade de xestión da información (con apoio de tecnoloxías da información e as comunicacións).
  BM4 Capacidade de planificación e elaboración de estudos técnicos en biotecnoloxía microbiana, vexetal e animal.
  BM5 Capacidade de identificar problemas, buscar solucións e aplicalas nun contexto biotecnolóxico profesional ou de investigación.
  BM6 Capacidade de comunicación oral e escrita dos plans e decisións tomadas.
  BM7 Capacidade para formular xuízos sobre a problemática ética e social, actual e futura, que propón a Biotecnoloxía.
  BM8 Capacidade de comunicación eficazmente coa comunidade científica, profesional e académica, así como con outros sectores e medios de comunicación.
  BM9 Capacidade de Traballo en equipo multidepartamental dentro da empresa.
  BM10 Capacidade de Traballo nun contexto de sostibilidade, caracterizado por: sensibilidade polo medio ambiente e polos diferentes organismos que o integran así como concienciación polo desenvolvemento sostible.
  BM11 Racionamento crítico e respecto profundo pola ética e a integridade intelectual.
  BM12 Adaptación a novas situacións legais, ou novidades tecnolóxicas así como a excepcionalidades asociadas a situacións de urxencia.
  BM13 Aprendizaxe autónoma.
  BM14 Liderazgo e capacidade de coordinación.
  BM15 Sensibilización cara á calidade, o respecto medioambiental e o consumo responsable de recursos e a recuperación de residuos.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes