Tipo A
|
Código |
Competencias / Resultados do título - Específicas |
|
A1 |
Coñecer os contidos comúns e específicos sobre as distintas disciplinas que impartirá no exercicio do seu labor profesional. |
|
A2 |
Coñecer os fundamentos psicolóxicos, pedagóxicos e sociais que lle permitan o axeitado desenvolvemento da súa profesión. |
|
A3 |
Coñecer as características das organizacións educativas que atenden aos nenos e ás nenas de 6-12 anos. |
|
A4 |
Coñecer a organización dos centros educativos de educación primaria e a diversidade de accións que abrangue o seu funcionamento. |
|
A5 |
Comunicación correcta, coherente e axeitada, oral e escrita, para aplicala á aula e fóra dela. |
|
A6 |
Coñecemento de novas tecnoloxía e a súa aplicación ao ámbito educativo. |
|
A7 |
Adquisición de destrezas para adoptar metodoloxías activas, participativas e creativas, e desenvolver o currículo a partir de situacións significativas para o alumnado, ao asumir un papel de orientador, facilitador e guía da aprendizaxe, e procurar a motivación e o interese do alumnado pola aprendizaxe. |
|
A8 |
Desempeñar as funcións de titoría e de orientación co alumnado e a súa familia. |
|
A9 |
Planificar as materias no contexto social en que se van impartir, tomando as decisións axeitadas relativas á selección de obxectivos, organización de contidos, deseño de actividades ou criterios de avaliación. |
|
A10 |
Capacidade para investigar sobre a propia práctica, e introducir propostas de innovación encamiñadas á mellora. |
|
A11 |
Capacidade para empregar recursos diversificados que contribúan a mellorar a experimentación e a aprendizaxe do alumnado no ámbito da Educación Física. |
|
A12 |
Capacidade para observar e avaliar de forma continua, formativa e global o desenvolvemento e a aprendizaxe do alumnado de 6-12 anos, introducindo as medidas educativas necesarias para atender as súas peculiaridades persoais. |
|
A13 |
Capacidade para ser sensible á nova realidade social, plural, diversa e multicultural, desenvolvendo estratexias para a inclusión educativa e social. |
|
A14 |
Planificar, desenvolver e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe axustados á diversidade cultural e lingüística do alumnado. |
|
A15 |
Capacidade para colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno. |
|
A16 |
Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución de hábitos saudables e na contribución á sustentabilidade. |
|
A17 |
Recoñecer a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa. |
|
A18 |
Recoñecer, desde unha perspectiva crítica, que o exercicio da función docente ha ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida, o que implica a necesidade de formación continua. |
|
A19 |
Coñecer o desenvolvemento psicomotor de 0-12 anos, as estratexias e as posibilidades de intervención educativa sobre el, e a súa relación coa saúde. |
|
A20 |
Coñecer e dominar os fundamentos da expresión corporal e da comunicación non verbal. |
|
A21 |
Dominar a teoría e a didáctica específica da Educación Física, os fundamentos e as técnicas de programación da área e do deseño das sesións, as estratexias de intervención e de avaliación dos resultados, así como as relacións con outras áreas de coñecemento. |
|
A22 |
Coñecer a imaxe do corpo, o significado das actividades físicas e do deporte na súa evolución histórico-cultural, e a súa influencia nos distintos ámbitos sociais e culturais na sociedade contemporánea. |
|
A23 |
Programar e executar actividades de ocio, tempo libre e recreación na escola e, no seu caso, orientar e supervisar as actividades relacionadas coa actividade física que se impartan no centro en horario escolar e extraescolar. |
|
A24 |
Coñecer os fundamentos biolóxicos e fisiolóxicos do corpo humano, así como os procesos de adaptación ao exercicio físico, e a súa adaptación ao exercicio físico, e a súa relación coa saúde, a hixiene, a alimentación e a calidade de vida. |
|
A25 |
Coñecer os aspectos que relacionan a actividade física coa saúde, a hixiene e a alimentación, e deseñar estratexias de intervención educativa. |
|
A26 |
Coñecer os aspectos que relacionan a actividade física co ocio e a recreación para establecer as bases de utilización do tempo libre: teatro, danza, deportes, saídas, etc. |
|
A27 |
Ser capaz de dar resposta educativa á diversidade no ensino de Educación Física. |
|
A28 |
Saber utilizar o xogo como recurso didáctico e como contido de ensino-aprendizaxe. |
Tipo B
|
Código |
Competencias / Resultados do título - Básicas / Xerais |
|
B1 |
Aprender a aprender. |
|
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
|
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
|
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
|
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
|
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
|
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
|
B8 |
Adaptación ás novas situacións. |
|
B9 |
Autonomía na aprendizaxe. |
|
B10 |
Capacidade crítica e autocrítica. |
|
B11 |
Capacidade de análise e de síntese. |
|
B12 |
Capacidade de procura e de manexo de información. |
|
B13 |
Capacidade de organización e de planificación. |
|
B14 |
Capacidade para actuar de xeito sustentable na defensa do medio ambiente. |
|
B15 |
Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe. |
|
B16 |
Capacidade para entender a calidade como un proceso de mellora continua, empregando indicadores para avaliar o seu progreso e resultados. |
|
B17 |
Capacidade para se integrar e se comunicar con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. |
|
B18 |
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos. |
|
B19 |
Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas. |
|
B20 |
Compromiso ético. |
|
B21 |
Comunicación oral e escrita na lingua materna. |
|
B22 |
Coñecemento de outras culturas e costumes. |
|
B23 |
Coñecemento e comunicación en linguas estranxeiras. |
|
B24 |
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. |
|
B25 |
Iniciativa e espírito emprendedor. |
|
B26 |
Liderado. |
|
B27 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
|
B28 |
Recoñecer a necesidade de implicarse nunha aprendizaxe ao longo da vida. |
|
B29 |
Resolución de problemas e toma de decisións. |
|
B30 |
Utilización das TIC no ámbito de estudo e contexto profesional. |
Tipo C
|
Código |
Competencias / Resultados do título - Transversais / Nucleares |
|
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
|
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
|
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |