A materia presenta, desde unha perspectiva estrutural, os trazos básicos da economía española, con especial referencia aos aspectos sectoriais, xeográficos e institucionais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Probas de resposta múltiple
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba mixta (consistirá so en preguntas tipo test)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Segundo a necesidade do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
- Sen modificacións
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.
1.SITUACIÓNS
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase.
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a ``NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRADO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías