Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Asignaturas |
Microeconomía. Mercados e Competencia |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Microeconomía. Mercados e Competencia | Código | 611G02012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A7 A8 A11 B1 B9 C6 | Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas formuladas nas sesións interactivas. Poderanse realizar probas escritas presenciais ou virtuais. Formará parte da avaliación continua. | 10 |
Discusión dirixida | A12 B2 B4 B10 C1 C4 C6 | Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas formuladas nas sesións interactivas. Poderanse realizar probas escritas presenciais ou virtuais. Formará parte da avaliación continua. | 10 |
Estudo de casos | A4 A11 B2 B6 B8 B9 C5 | Valoraranse as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos formulados. Poderanse realizar probas escritas presenciais ou virtuais. Formará parte da avaliación continua. | 10 |
Proba obxectiva | A6 A8 A11 B3 B5 C1 | Además das probas finais, realizaranse probas escritas durante o curso para a valoración dos coñecementos adquiridos, que poderán ser presenciais ou virtuais. |
70 |
Observacións avaliación | |||
NORMATIVA DE AVALIACIÓN 1. Condicións da avaliación: Non se permitirá o acceso á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. AVALIACIÓN: 1. A asistencia ás clases é imprescindible para a valoración de casos, discusións, solución de problemas e para a realización das probas da evaluación continua. 2. Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación de 5 sobre 10. 3. A avaliación continua realizada durante o curso constitúe o 30% da cualificación. Non obstante, si nas probas obxetivas se alcanza un 5 sobre 10 non será necesario realizar examen final. 4. As probas finais constitúen o 70% da cualificación. Nestas probas deberase obter polo menos 3 puntos dos 7 máximos que deberán completarse ata chegar ao 5 coa puntuación acumulada durante o curso, ou obterse directamente na propia proba. 5. A cualificación de non presentado corresponderá ao alumnado que non participe en actividades de avaliación ou que soamente o faga naquelas que supoñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación total, independentemente da que sería a cualificación final obtida. 6. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia conforme o establecido na normativa específica da UDC poderán seguir a avaliación continua acordándose ao inicio do curso un calendario de datas compatible coa súa dedicación. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. As condicións de avaliación para a segunda oportunidade serán as mesmas que para a primeira. 2. Na proba da convocatoria adiantada realizarase un único exame que supoñerá o 100% da cualificación. Para aprobar deberase obter unha cualificación de 5 sobre 10. RECOMENDACIÓNS: Para preparar as probas utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material entregado nas clases. Aconséllase que se resolvan sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario. |
|